Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cirurxía de precisión robotizada

Conferencia a cargo de Luis Álvarez Castelo, médico especialista en cirurxía robótica en uroloxía.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

09/06/2022

Xa rematou

Horario:

Ás 19.30 horas

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Organiza:

CorBi Foundation

As técnicas cirúrxicas experimentaron unha revolución no inicio do novo século. Pasamos da cirurxía aberta ás técnicas minimamente invasivas que benefician as persoas pacientes pola súa moita menor agresividade, ao que se suma o desenvolvemento dos robots cirúrxicos que proporcionan unha mellor visión e maior precisión nas operacións.

O Dr. Luis Álvarez Castelo abordará na súa charla o cambio de ciclo que estas técnicas causaron, comezando cun breve paseo pola historia da cirurxía desde os primeiros pasos da endoscopia aos máis modernos robots que actualmente poboan os nosos quirófanos e que facilitan a vida non só das e dos nosos pacientes senón tamén aos seus cirurxiáns e cirurxiás.

O Dr. Luis Álvarez Castelo é médico especialista en cirurxía robótica en uroloxía, director do Instituto Urolóxico de Tecnoloxía Avanzada.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión