18 de setembro de 2023
Xa está dispoñible o sistema de reservas de visitas de grupos educativos para gozar do amplo programa de actividades da Casa das Ciencias, da Domus e do Aquarium Finisterrae.
Na Casa das Ciencias a principal novidade é o sistema de proxección do planetario, que está en pleno proceso de renovación e que permitirá a partir de outubro gozar dunha experiencia con maior resolución e imaxes máis reais para trasladar o público a outros planetas ou viaxar pola Vía Láctea e o resto do universo a través dos diversos programas que se ofrecen.
Ademais, nas plantas de exposición atoparán novos módulos interactivos, como a «frauta de pan» para experimentar con sons percusivos orixinados no fondo sonoro da propia sala, ou o que convida a construír con pezas un arco que se sostén en por si.
A Domus presenta o ámbito expositivo ¡Próbate!, que convida a reflexionar sobre a vestimenta como forma libre de expresión, e incorpora á súa carteleira de cinema «Expedición Arrecife», unha viaxe ao redor do mundo oculto dos arrecifes de coral. A oferta complétase coa ampla proposta de talleres do Laboratorio Aberto e a sala maker@domus.
O Aquarium Finisterrae presenta dúas interesantes novidades. A primeira delas é un itinerario sobre biodiversidade que, a través de varios módulos da Sala Maremagnum, introduce con exemplos concretos algúns dos conceptos fundamentais relacionados con este tema. A segunda é unha visita temática guiada á Sala Nautilus para centros que programen nos seus clubs de lectura a obra de Jules Verne «20.000 leguas de viaxe submarina».
Ademais, o Aquarium Finisterrae lanza unha chamada para os centros que queiran colaborar coa futura renovación da sala Maremagnum enviando preguntas do alumnado relacionadas coa crise ambiental que vivimos, especialmente no que afecta ao medio mariño. O profesorado que aborde estes temas na aula e envíe as preguntas do seu alumnado será obsequiado cun póster didáctico do Aquarium Finisterrae.
Os grupos escolares gozan de tarifas reducidas para o acceso aos Museos Científicos. No caso dos centros educativos do municipio da Coruña a entrada é gratuíta.
A información completa, o procedemento para solicitar unha visita e o formulario de solicitude están dispoñibles nesta páxina de .. Visitas escolares

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible