Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de xuño de 2023

Comeza o horario de verán nos Museos Científicos Coruñeses

Do 1 de xullo ao 31 de agosto a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abrirán de 10.00 h a 20.00 h, con peche de acceso ás 19.00 h no Aquarium e ás 19.30 h na Casa das Ciencias e Domus.

Os Museos Científicos Coruñeses estrean este sábado 1 de xullo o seu horario de verán, que se estenderá ata o xoves 31 de agosto. Durante eses dous meses abrirán as súas portas desde as 10.00 h ata as 20.00 h, aínda que o acceso pechará ás 19.00 h no Aquarium Finisterrae e ás 19.30 h na Casa das Ciencias e a Domus. Ademais contarán cunha programación especial de sesións de planetario, actividades e proxeccións audiovisuais.

Na Casa das Ciencias, ademais das exposicións interactivas que se expoñen nos seus catro andares, o planetario ofrecerá a diario cinco sesións para diferentes públicos, para as que é posible adquirir entradas desde as 10.00 h do mesmo día da sesión:

  • 11.30 h Polaris. (Galego). Infantil. Unha aventura científica sobre o misterio da noite polar. Maiores de 7 anos.
  • 13.00 h De la Tierra al universo. (Castelán). Unha viaxe ata os confíns do universo. Maiores de 12 anos.
  • 17.00 h El cielo de Cloe. (Castelán). Infantil. Cloe é unha profesora do planetario moi especial, capaz de cambiar de tamaño ou de estar en varios lugares á vez. De 4 a 7 anos.
  • 18.00 h Sesión en directo. (Galego/Castelán). Para descubrir o ceo do verán. Maiores de 10 anos.
  • 19.00 h Lévame á Lúa. (Galego). Maiores de 8 anos. Especial sobre a chegada ao noso satélite.

Ademais, a fin de semana do 15 e 16 de xullo, coincidindo co aniversario do falecemento de Rosalía de Castro (15 de xullo de 1885), desde o planetario explicaremos como atopar a estrela Rosalía no firmamento. E do 11 ao 17 de agosto todas as sesións de planetario dedicarán uns minutos para explicar como ver a choiva de estrelas das Perseidas.

A Domus ofrecerá ao seu público as numerosas experiencias interactivas de exposicións como «Bocados», sobre a nutrición e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible; «Xogo de neuronas», sobre a mente e a intelixencia humana; ou a mostra «Homínidos e homínidas», sobre as nosas orixes e a evolución dos trazos que nos identifican.

Tamén incluirá na súa programación sesións de cinema científico:

No Aquarium Finisterrae, ademais de novidades nos seus espazos expositivos, ofreceranse diversas actividades e obradoiros sen necesidade de inscrición nin custo adicional á entrada de acceso ao museo:

  • Alimentación no Nautilus. Os visitantes poden observar a alimentación dos habitantes do Nautilus, entre os que se inclúen diferentes especies de quenllas como a touro e as musolas. Todos os luns, mércores e venres ás 11.30 h.
  • Alimentación de focas. Unha actividade na que o público pode contemplar a rutina da alimentación das focas do Aquarium a cargo dos seus coidadores. Todos os días ás 12.00 e ás 17.00 h.
  • Quenllas á vista. Un obradoiro experimental para descubrir curiosidades sobre as quenllas en xeral e en particular das que se manteñen no Aquarium Finisterrae. Todos os días ás 18.00 h na Charca das Caricias.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión