Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concerto

En que consiste?:

É un sistema de actuación indirecto previsto pola Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia que pretende axilizar a xestión urbanística en situacións de propietario único ou acordo unánime da totalidade de propietarios dun polígono nos termos da xestión.

A quen vai dirixido?:

A xestión pode ser realizada:

  • Mediante unha entidade urbanística de xestión que se constituirá en escritura pública que á súa vez conterá os estatutos da entidade e unha proposta de equidistribución.
  • Directamente polo único propietario da totalidade dos terreos afectados.
  • Mediante unha sociedade mercantil constituída para o efecto sempre que no seu capital participen todas as persoas propietarias. As/os propietarias/os deberán achegar á sociedade a totalidade das terreos, edificacións e construcións de que sexan titulares no polígono e a ela poderanse incorporar entidades que acheguen financiamento ou asuman a realización das obras de urbanización e edificación nos termos fixados polos particulares, que deberán ser aprobados polo municipio. Nesta sociedade mercantil o municipio estará representado polo menos por unha persoa conselleira ou administradora, que ostenta un dereito de veto suspensivo por tempo máximo dun mes de calquera acordo social, tempo para que o municipio e a sociedade intenten chegar a acordo.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • O art. 150 da Lei 9/2002 establece que o sistema de concerto poderase utilizar cando todos os terreos do polígono, excepto os de uso e dominio público, se é o caso, pertenzan a un só propietario ou ben cando todas as persoas propietarias do polígono garantan solidariamente a actuación.
  • A proposta de equidistribución no sistema de concerto deberase formalizar en escritura pública e será aprobada tras unha información ao público de 20 días.

Internet

Teléfono

Máis información:

A documentación pódese presentar ademais de na Área de Urbanismo en calquera outro rexistro municipal, así como en todos aqueles que establece o art. 38.4 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (119 KB)

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión