16 de abril de 2025
O prazo de presentación de traballos finaliza o 2 de xuño nas oito modalidades do certame
O Concello da Coruña, a través dos Museos Científicos, convoca os premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación. O certame, que alcanza en 2025 o seu trixésimo oitava convocatoria consecutiva, premiará cun Prisma de Bronce os mellores traballos en oito categorías: Vídeo, Novos medios, Artigo xornalístico, Radio, Proxectos singulares, Libro editado e Proxecto de divulgación científica sobre a auga no medio urbano. Esta última categoría, que se presenta como novidade nesta edición, está dirixida a proxectos que acheguen aos públicos aspectos científicos e tecnolóxicos sobre os sistemas de auga urbana e a necesidade de compatibilizar a dispoñibilidade de auga potable coa conservación da contorna.
Ademais, concederase un Prisma Especial do Xurado a persoas ou institucións que se significaron pola súa especial contribución á divulgación científica.
Todas as modalidades, excepto a de Libro Editado e a de Prisma Especial do Xurado, están dotadas cun premio de 4.000 euros.
Para participar nesta XXXVIII Convocatoria dos Prismas á Divulgación deben presentarse os traballos e candidaturas antes do 2 de xuño, cumprindo as condicións requiridas en cada unha das modalidades recollidas nas bases, e que se poden consultar aquí.
Os Prismas entregaranse no transcurso dun acto que terá lugar na Coruña o sábado 15 de novembro de 2025.
Tamén che pode interesar
16 de abril de 2025
O prazo de presentación de traballos finaliza o 2 de xuño nas oito modalidades do certame
7 de marzo de 2025
Unha exposición temporal sobre saúde mental
28 de xaneiro de 2025
Unha exposición fotográfica que convida a reflexionar sobre a crise climática e ambiental
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible