O presente regulamento ten por obxecto desenvolver a Lei 8/1997, de 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, establecendo de forma pormenorizada as normas que garantan ás persoas con mobilidade reducida ou con calquera outra limitación a accesibilidade e a utilización da contorna urbana, de edificios, medios de transporte e sistemas de comunicación sensorial e promovendo á súa vez a utilización de axudas técnicas adecuadas que permitan mellorar a calidade de vida das persoas.
Autonómico
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2000/20000229/Anuncio43E6_es.html
Ademais de desenvolver a Lei 8/1997, de 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, tamén é obxecto deste regulamento o establecemento de medidas de fomento para conseguir a integración das persoas con limitacións, a regulación do control do cumprimento da normativa de aplicación na materia, o desenvolvemento do réxime sancionador previsto para o caso do incumprimento da normativa vixente, a desaparición progresiva de todo tipo de barreira ou obstáculo físico ou sensorial así como a definición concreta dos parámetros de accesibilidade recollidos no código de accesibilidade que deben ser tidos en conta en cada caso.

30 de xaneiro de 2026
Unha colección de fotografías de Fernando Moleres sobre o impacto da actividade humana no medio ambiente

12 de xaneiro de 2026
MiniDomus é un espazo pensado para aprender facendo, onde cada actividade convida a experimentar, compartir e descubrir o mundo con asombro.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible