Xornada de portas abertas o 23 de maio na Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae
Para público en xeral
23/05/2026
De 10 a 19 horas.
Último acceso no Aquarium ás 18.00 horas.
Último acceso na Casa das Ciencias e Domus, ás 18.30 horas.
Gratis
Para visitar o Aquarium hai que reservar entradas, que pode facerse cun máximo de 3 días de antelación aquí
Para asisitir a unha sesión de Planetario na Casa das Ciencias hai que reservar entradas, que pode facerse a partir das 9 horas do 22 de maio aquí
Para acceder ao espazo MIniDomus hai que reservar entradas, dispoñibles desde as 9 horas do mércores 20 de maio aquí
Os Museos Científicos Coruñeses celebran o Día dos Museos con xornada de portas abertas o 23 de maio.
Para visitar o Aquarium Finisterrae será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá realizarse a partir das 9 horas do mércores 20 de maio nesta ligazón. Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva.
A visita ás salas de exposicións da Casa das Ciencias será libre, pero para asistir a unha sesión de Planetario haberá que reservar entradas, a partir das 9 horas do 22 de maio nesta ligazón.
Haberá as seguintes sesións de planetario:
Na Domus a entrada nesta xornada será libre, sen reserva previa, pero para acceder ao espazo MIniDomus hai que reservar entradas, cun máximo de 3 dias de antelación nesta ligazón.

30 de abril de 2026
Será o 9 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez, de 11 a 19 horas

28 de abril de 2026
Trátase de Jinzi, unha foca macho procedente do Oceanogràfic de Valencia

24 de abril de 2026
O prazo de presentación de traballos comeza o 1 de maio e finaliza o 1 de xuño nas oito modalidades do certame
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible