19 de decembro de 2023
As intervencións, que tiveron un resultado satisfactorio, están resumidas nun vídeo divulgativo.
No Aquarium Finisterrae da Coruña vive unha pequena colonia de focas, da especie Phoca vitulina, formada actualmente por 3 machos e 8 femias, a maioría nadas nas instalacións do Aquarium. O equipo de mantemento biolóxico e veterinario realizan a diario unha rutina para supervisar a súa saúde e a súa alimentación, de maneira que pode facer un seguimento de calquera problema que presenten.
Durante estas exploracións Lara e Paula, dúas das femias de 25 e 24 anos de idade, comezaron a amosar molestias derivadas de lesións na boca posiblemente causadas por infeccións que precisarían de intervención cirúrxica. Para iso trasladáronse a un Hospital veterinario onde, co necesario apoio de recursos para a operación, puidéronse extraer eses dentes deteriorados.
As intervencións en ambos os casos tiveron un resultado satisfactorio e aos pouco días Lara e Paula nadaban de novo coa súa compañeiras e comen con normalidade.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
20 de maio de 2025
Foron cedidos como parte dun programa de conservación e cría en catividade desta especie de tiburón no que colabora o Aquarium Finisterrae
1 de maio de 2025
Terá lugar no parque de Santa Margarida da Coruña das 11.00 ás 19.00 horas
16 de abril de 2025
O prazo de presentación de traballos finaliza o 2 de xuño nas oito modalidades do certame
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible