3 de xullo de 2026
Unha mostra colectiva de historietas de cómic que abordan diferentes perspectivas das eclipses.
O 12 de agosto de 2026 producirase unha eclipse de Sol total no que A Coruña terá un especial protagonismo. Por este motivo, os Museos Científicos Coruñeses en colaboración co festival de cómic «Viñetas desde o Atlántico» organizan unha exposición de autores e autoras locais para celebrar este fito histórico.
Os obxectivos desta mostra son a divulgación científica con perspectiva histórica e social da influencia e importancia das eclipses ao longo da historia da humanidade, a través dun medio de comunicación visual e adaptado a todas as idades, o cómic. Unha maneira de democratizar a ciencia e facela asimilable e próxima para todos os públicos.
Dez nomees consolidados do cómic, vinculados á cidade da Coruña, abordan con obras orixinais diferentes aspectos específicos ao redor das eclipses. A súa influencia na sociedade, na arte e na cultura e os avances que a ciencia fixo no ámbito da investigación deste fenómeno astronómico, teñen cabida neste proxecto deseñado para divulgar a través do entretemento.
Conforman a selección de firmas Xulia Vicente, Luís Yang, Uxía Larrosa, Marcos Calo, Xulia Pisón, Diego Burdío, Paula Mayor, Jorge Peral, Paula Esteban. A mostra complétase cun invitado especial, Jordi Bayarri, autor valenciano de cómic especializado en BD científica con biografías en cómic de personalidades como Isaac Newton, Galileo Galilei, Albert Einstein, Aristóteles ou Marie Curie entre moitas máis. Unha selección de luxo e rica en estilos e enfoques que, sen dúbida, atraerá a atención dos diferentes públicos.
A exposición poderá visitarse desde o 3 de xullo ata o 27 de setembro de 2026.
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

3 de xullo de 2026
Unha mostra colectiva de historietas de cómic que abordan diferentes perspectivas das eclipses.

3 de xullo de 2026
Faleceu tras 20 anos de vida no acuario coruñés

26 de xuño de 2026
A Casa das Ciencias estrea «3CLIPSE», unha experiencia inmersiva para descubrir as eclipses solares de 2026, 2027 e 2028
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible