19 de novembro de 2022
Concedéronse os Prismas de Bronce aos mellores traballos en sete categorías: Vídeo, Novos medios, Libro editado, Artigo xornalístico, Radio, Proxectos singulares e Prisma Especial do Xurado.
A XXXV convocatoria dos premios Prismas Casa das Ciencias finalizou o sábado 19 de novembro coa cerimonia de entrega dos Prismas de Bronce no salón de plenos do Concello da Coruña.
O certame premiou cun Prisma de Bronce aos mellores traballos en sete categorías: Vídeo, Novos medios, Libro editado, Artigo xornalístico, Radio, Proxectos singulares e Prisma Especial do xurado. Ademais, todas as modalidades, excepto a de Libro editado e a de Prisma especial do xurado, recibiron un premio de 4.000 euros.
Os premios Prismas á Divulgación chegan a esta vixésima quinta convocatoria cunha perspectiva renovada da divulgación científica. Se en 1987, cando comezou a andar este certame, os traballos en vídeo e os libros eran os formatos máis comúns nos que a ciencia chegaba á cidadanía, hoxe asistimos ao despregamento dun abano de recursos cos que comunicar e interesar ao público. E é quizais a modalidade de proxectos singulares, incluída nos premios Prismas desde o ano 2019, a que recibe as presentacións máis imaxinativas.
O prestixio alcanzado por estes premios na súa longa traxectoria vén avalado pola calidade e transcendencia dos traballos premiados en todas as modalidades, así como pola participación no xurado de profesionais procedentes de diversos ámbitos da comunicación científica que achegan un criterio actualizado e diverso.
Cadro de honra 2022
Ademais, o xurado decidiu outorgar o Prisma Especial do Xurado a Enrique Pérez Montero, investigador do IAA-CSIC, por promover unha divulgación que achega a ciencia ás persoas con discapacidade visual e fai reflexionar ao conxunto da sociedade.
Decidiuse outorgar tamén as seguintes mencións honoríficas:
Ademais, o xurado decidiu declarar deserto o Prisma ao mellor texto inédito.
Composición do Xurado:
· Presidenta: Pampa García Molina, xornalista científica, coordinadora do Science Media Centre España.
Estivo composto ademais por:
· María Viña Rebolledo, xefa de sección técnica do MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía)
· Núria Jar Benabarre, xornalista científica.
· Isidora Fernández Bañados, creative engagement specialist en Science for Change.
· Félix Sánchez-Tembleque Díaz-Pache, técnico superior no CITEEC- Universidade da Coruña.
· Iván Rodríguez Arós, artista especializado en divulgación científica en Divulgare-Universidade de Vigo.
Marcos Pérez Maldonado, xefe de servizo dos Museos Científicos Coruñeses, que actuou como secretario.
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible