A ruína constitúe o reverso do deber de conservación dos inmobles imposto aos propietarios. No caso de que o inmoble atópese na situación legal de ruína, o deber de conservación cesa e, no seu lugar, o propietario está obrigado a proceder á súa derriba ou, no seu caso, á rehabilitación do inmoble.
O expediente de declaración de ruína está regulado no artigo 201 da Lei 9/02 da Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia que establece o seguinte:
“Cando algunha construción ou parte dela estivese en estado ruinoso, o concello, de oficio ou a instancia de calquera interesado, declararaa en situación de ruína e acordará a total ou parcial demolición, previa tramitación do oportuno expediente contraditorio con audiencia do propietario e dos moradores, salvo inminente perigo que o impedise. “Esta regulación complétase nos artigos 32 e ss do Regulamento de Disciplina Urbanística de Galicia e en Título IV da Ordenanza de Conservación e Rehabilitación de inmobles.
Onde se fai?
Documentos relacionados

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible