Concello da Coruña

Concello da Coruña

Festival de poesía e planetarios «Urban Travel Machines»

Contará con dúas sesións, o sábado 16 e o domingo 17 de marzo ás 20.00 h, no que intervirán poetas internacionais e galegos, estes últimos coordinados por Yolanda Castaño.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/03/2024 ata o 17/03/2024

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 11/03/2024

PRAZAS ESGOTADAS

Horario:

Ás 20.00 horas

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Prezo:

2,06 euros

A Casa das Ciencias acolle a fin de semana do 16 e 17 de marzo o festival de poesía e planetarios do proxecto europeo «Urban Travel Machines» («Máquinas de Viaxar Urbanas») no que intervirán poetas internacionais e galegos, que irán acompañados de imaxes proxectadas a toda cúpula desenvolvidas especialmente para cada poema.

O sábado 16 recitarán a poeta belga Julie Lombe, o poeta lituano Marius Povilas e as poetas galegas Alba Cid, Yolanda Castaño e Silvia Penas. O domingo 17 será a quenda do poeta grego Artemios Moulos, o surafricano Motswitla Hlakotsa, e as galegas Estíbaliz Espinosa, Dores Tembrás e Antón Lopo. Ambas as sesións terán lugar ás 20.00 h e estarán pechadas polo coordinador deste proxecto europeo, Philip Meersman, cunha interpretación poética interactiva co público.

As entradas para asistir sairán á venda o luns 11 de marzo ás 10.00 h nesta ligazón.

A coordinación dos e das poetas internacionais e do desenvolvemento das imaxes que os acompañan correu a cargo do xestor cultural belga Philip Meersman e a especialista audiovisual Janna Beck. Mentres que a coordinación das voces galegas estivo en mans da poeta e xestora cultural Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023, e as imaxes destes últimos foron xeradas polo creador italiano Vito Foderà e por Marcos Pérez, director técnico da Casa das Ciencias.

Proxecto «Urban Travel Machines»

Trátase dun proxecto financiado polo programa «Europa Creativa», que involucra desde outubro de 2022 a tres universidades (Escola de Arte, Deseño e Arquitectura, de Helsinqui-Universidade Aalto; Academia polaco-xaponesa de Tecnoloxía da Información, de Varsovia; e Real Academia de Belas Artes, de Anveres) e catro planetarios europeos (Tartu, en Estonia; Viena, en Austria; Bruxelas en Bélxica; e A Coruña) no desenvolvemento de contidos poéticos de inspiración científica.

O proxecto, que se prolongará ata o outono do 2024, cun festival de peche no planetario de Bruxelas, ten como finalidade organizar encontros creativos en universidades e festivais en planetarios co fin de promover obras poéticas contemporáneas, experimentais e innovadoras, para crear experiencias inmersivas no público de planetarios europeos, a través de actuacións en directo acompañadas de narracións orais e visuais.

PROGRAMA

- Sábado 16 de marzou. 20.00 h recital poético no planetario da Casa das Ciencias.

  • Julie Lombé
  • Alba Cid
  • Yolanda Castaño
  • Marius Povilas
  • Silvia Penas
  • Philip Meersman

Domingo 17 de marzo. 20.00 h recital poético no planetario da Casa das Ciencias.

  • Artemios Moulos
  • Dores Tembrás
  • Motswitla Hlakotsa
  • Estíbaliz Espinosa
  • Antón Lopo
  • Philip Meersman

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión