Seis miradas da música contemporánea
Para público en xeral
11/05/2019
Xa rematou
20:00 h
Inscrición previa na DOMUS
Neste concerto inaugural da segunda edición do Festival RESIS internámonos na música de seis dos compositores de maior influencia do século XX: Gérard Grisey, Agata Zubel, Kaija Sariaaho e Pierre Boulez. Compositores e compositoras que influíron dunha maneira decisiva no pensamento musical a través de distintas estéticas, formas de reinterpretar a materia sonora e novos camiños de expresividade pertencentes a correntes como o serialismo integral, o espectralismo, a nova simplicidade ou a Terceira Escola de Viena.
Este concerto supón unha presentación de obras nunca antes escoitadas en Galicia e que son unha das cimas máis altas da música dos nosos días.
A cargo deste concerto estarán novos intérpretes españois que se perfeccionaron no estranxeiro sendo alumnos/as directos/as do Klangforum de Viena na Kunstuniversität de Graz (Austria) e que traballaron con ensembles europeos regularmente, tales como o Ensemble Línea, o Ensemble Remix, o Klangforum de Viena, IEMA Ensemble Modern etc.
Pola súa banda, será Hugo Gómez-Chao Porta, compositor residente de Juventudes Musicales 2019-2020 e gañador da última edición do Premio SGAE e CNDM de Jóvenes Compositores o director do conxunto.
10 de setembro de 2024
Xa está aberto o sistema de solicitude de reservas para as visitas de grupos escolares á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae.
7 de setembro de 2024
Trátase dun programa Erasmus+ que se adentra na relación do cambio climático coa xenética e a saúde
15 de agosto de 2024
A instalación conta cunha piscina de illamento con subministración continua de auga salgada entre outras novidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible