Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de setembro de 2024

Os Museos Científicos Coruñeses participan no proxecto europeo EDUCO2Health

Trátase dun programa Erasmus+ que se adentra na relación do cambio climático coa xenética e a saúde

O pasado 6 de setembro a Domus e o Aquarium Finisterrae recibiron a visita de medio cento de estudantes de secundaria de España, Polonia e Brasil, que realizaron gravacións para un documental cuxo tema central é a relación do cambio climático coa xenética e a saúde. Ademais das localizacións nos Museos Científicos Coruñeses, realizáronse gravacións no hatchery da confraría de mariscadores do Freixo e o laboratorio de farmacoxenética do CIMUS da Universidade de Santiago de Compostela.

O estudantado seleccionado formouse previamente no campus Climántica (plataforma educativa sobre o cambio climático) para a súa integración na produción do documental, cuxo resultado levará ás aulas a través dun libro de texto, unha guía didáctica e materiais de alfabetización cinematográfica documental e de ciencia escolar experimental.

Ademais dos socios escolares, este proxecto conta no consorcio con catro universidades: a Universidade de Santiago de Compostela, que lidera o proxecto a través do seu coordinador xeral, o Dr. Ángel Carracedo; a Universidade de Aveiro (Portugal), a través de Fábrica Centro de Ciencia Viva; a Universidade de Bolonia (Italia); a Universidade de Iasi (Romanía); e os Museos Científicos do Concello da Coruña, coordinados dende a Domus.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión