Concello da Coruña

Concello da Coruña

HUR

Hortos urbanos.

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións, Rexistros e censos

Materia:

Medio ambiente

Vixente:

Si

O Concello creou espazos públicos dedicados a hortas de lecer con destino a prácticas de agricultura ecolóxica distribuídas en varias zonas da cidade: Agra do Orzán, Novo Mesoiro, Parque Eirís e Parque Adolfo Suárez.

As persoas empadroadas no Concello da Coruña cunha antiguedad mínima de seis meses e que cumpran o resto de requisitos, poderán solicitar a autorización para o uso dun dos hortos durante catro anos.

As ECOHORTAS municipais teñen unha clara vocación educativa e integradora, polo que, ademais do seu uso particular, certo número de parcelas reservaranse para a xestión colectiva por parte de centros de ensino, asociacións sen ánimo de lucro e outros colectivos. Así mesmo, en todas as zonas habilitaranse parcelas adaptadas para persoas con mobilidade reducida.

Hortos urbanos

Inscricións:

Dende o 25/10/2023 ata o 08/11/2023

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Poderán concorrer ao presente procedemento as persoas físicas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ser maior de idade
  • Estar inscrito no Padrón municipal da Coruña, cunha antigüidade mínima de seis meses, anterior á data de publicación da presente convocatoria na web de medio ambiente (24/11/2023).
    • Exceptúanse do requisito de antigüidade de empadroamento:
      • a) Vítimas de violencia de xénero que cambien o seu domicilio por motivos de seguridade.
      • b) Persoas emigrantes galegas cando fixen a súa residencia no Concello da Coruña.
      • c) Persoas que teñan recoñecida a condición de persoa refuxiada, ou cuxa solicitude de asilo sexa admitida a trámite ou, sen admitirse, teñan autorizada a súa permanencia en España por razóns humanitarias ou de interese social.
    • A acreditación do empadroamento poderá ser obxecto de comprobación de oficio polo Concello da Coruña.
  • Carecer de débedas tributarias en período executivo co Concello da Coruña, salvo persoas solicitantes incluídos no grupo II por razón da renda.

Tamén poderán concorrer ao presente procedemento os centros públicos de ensino e as asociacións sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, que teñan a súa sede social ou delegación no termo municipal da Coruña e que acrediten, mediante os seus estatutos, o seu carácter social, pedagóxico, terapéutico ou ambiental.

As asociacións deberán carecer de débedas de natureza tributaria no período executivo co Concello da Coruña.

Estes requisitos deberán cumprirse na data na que finalice o prazo de presentación das solicitudes, e durante todo o período de vixencia da correspondente autorización.

A autorización será persoal e intransferible. O órgano municipal competente poderá revogar e deixar sen vixencia a autorización, se se incumpren de forma sobrevinda os requisitos sinalados neste artigo, ou se se dá algunha outra das circunstancias que as normas desta convocatoria prevexan como causa de revogación.

Establécense as seguintes categorías de beneficiarias/os:

  • Grupo I.- Persoas físicas que non estean incluídas nos grupos II e IV.
  • Grupo II.- Xubiladas/os ou maiores de 65 anos, persoas receptoras da Renda Social Municipal, da Renda de Inclusión Social ou ingreso mínimo vital, e mulleres vítimas de violencia de xénero.
  • Grupo III.- Asociacións sen ánimo de lucro, de carácter social, pedagóxico, terapéutico, ambiental, e centros públicos de ensino.
  • Grupo IV.- Persoas físicas que teñan recoñecida unha minusvalía igual ou superior ao 33% e teñan recoñecida a existencia de dificultades para utilizar transportes colectivos".

Prezo / Custo:

Gratuíto.

Órgano que resolve:

Titular da Concellaría Delegada de Medio Ambiente e Sostibilidade.

Máis información:

Na solicitude deberán detallar expresamente:

  • A categoría á que desexa acollerse.
  • O nome e parentesco doutros membros da unidade familiar convivencial que o solicitante desexe incluír como autorizados para o uso e aproveitamento do horto, que deberán reunir os mesmos requisitos que os esixidos para ser solicitante.

Presentación

Prazo de presentación:

15 días naturais desde o día seguinte ao de publicación da convocatoria na páxina Coruña Sostible

Documentación necesaria:

*Nota: No caso de que os seguintes documentos esixidos xa obrasen en poder de calquera órgano do Concello da Coruña, a persoa solicitante poderase acoller ao establecido no artigo 53.1, letra d, da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou dependencia en que foron presentados ou, de ser o caso, emitidos, e a condición de que non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento ao que correspondan. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderalle requirir á persoa solicitante a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.

Sen prexuízo do disposto anteriormente, poderáselles requirir que acheguen cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.

Persoas físicas:

  1. Cada persoa poderá realizar unha única solicitude de adxudicación en só unha das catro localizacións de hortas urbanas (Agra do Orzán, Novo Mesoiro, parque de Eirís e parque de Adolfo Suárez).
  2. As persoas físicas interesadas deberán presentar unha declaración responsable/solicitude conforme ao modelo que se recolle no Anexo I (Mod.078 dispoñible no apartado: "Documentos relacionados"), de acordo co artigo 66 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
  3. As persoas físicas achegarán xunto coa declaración responsable/solicitude do Anexo I (Mod.078), a seguinte documentación:
  • Se a persoa ten unha antigüidade inferior a seis meses de empadroamento no Concello da Coruña, presentará, segundo corresponda:
    • Os documentos que acrediten a súa condición de vítima de violencia de xénero, conforme co sinalado no artigo 5 da Lei 11/2007 galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
    • A copia da baixa consular e a acreditación documental da súa residencia no Concello da Coruña, no caso de persoas emigrantes galegas.
    • Os documentos que acrediten que ten recoñecida a condición de persoa refuxiada polo organismo competente da Administración Xeral do Estado ou cuxa solicitude de asirlo sexa admitida a trámite, ou, no caso de non dispoñer deste recoñecemento, a autorización de permanencia en España por razóns humanitarias ou de interese social.
  • No caso de solicitar a autorización como pertencente ao grupo II, por motivo da renda, presentará, segundo corresponda:
    • Copia da resolución de concesión da RISGA.
    • Copia da Renda Social Municipal.
    • Certificado negativo do non deber de presentación de declaración da renda da persoa solicitante e de cada un dos membros da unidade familiar maiores de 16 anos, expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria correspondente a 2022 , ou, de ser o caso, declaración ou declaracións do imposto da renda da persoa solicitante e de todos os membros da unidade familiar maiores de 16 anos. Achegaranse tamén unha declaración responsable co nome e os apelidos dos membros da unidade familiar e do importe total dos ingresos mensuais da unidade familiar.
  • No caso de solicitar a autorización como pertencente ao grupo II, por motivo de ser muller vítima de violencia de xénero:
    • Os documentos que acrediten a súa condición de vítima de violencia de xénero, conforme co sinalado no artigo 5 da Lei 11/2007 galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • No caso de solicitar a autorización como pertencente ao grupo IV, presentará a resolución do recoñecemento dunha minusvalía igual ou superior ao 33% e do recoñecemento da existencia de dificultades para utilizar transportes colectivos.

A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente o 31 de decembro de 2022. Para os efectos desta convocatoria, enténdese por unidade familiar as persoas que convivan no mesmo domicilio e estean vencelladas por razóns de matrimonio ou calquera outra forma de relación análoga, por adopción ou acollemento, ou por parentesco de consanguinidade ou afinidade ata o cuarto e segundo grao respectivamente.

Persoas xurídicas:

As asociacións ou os centros de ensino interesados deberán presentar unha declaración responsable/solicitude conforme ao modelo que se recolle no Anexo II (Mod.0781 dispoñible no apartado: "Documentos relacionados"), de acordo co artigo 66 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Achegarán, xunto coa declaración responsable/solicitude do Anexo II (Mod.0781), a seguinte documentación:

  1. Copia dos estatutos da entidade e do Regulamento interno, no seu caso.
  2. Memoria explicativa do proxecto social, pedagóxico, terapéutico ou ambiental para desenvolver na horta urbana. Non terá unha extensión superior a 20 páxinas -10 follas- (fonte Arial, interlineado sinxelo). A memoria explicará os seguintes aspectos:
    1. Obxectivo xeral e obxectivos específicos do proxecto.
    2. Xustificación de como se utilizará a ecohorta para alcanzar os obxectivos específicos expostos.
    3. Xustificación do colectivo de persoas ás que se destina o proxecto.
    4. Metodoloxía e planificación das actividades de comunicación e integración co resto de acódelas usuarias das ecohortas e co resto da veciñanza.

Terase en conta, para determinar a sede social da entidade, o domicilio que figure nos seus estatutos. De modificarse o domicilio social, deberá acreditarse a súa modificación no rexistro correspondente. En todo caso, entenderase cumprido este requisito cando a entidade solicitante estea inscrita no Rexistro Municipal de Asociacións Coruñesas. No caso de existir delegación da entidade, esta deberá acreditarse mediante o contrato ou o documento de valor xurídico similar a nome da entidade na que conste que a súa utilización será para actividades da propia entidade.

Documentos relacionados

  • Mod_078_ Comun.Resp_ANEXO_I_Solicitude (88 KB)
  • Mod_078-1_ Comun.Resp_ANEXO_II_Solicitude_Pers_Xurídicas (99 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Cubrir o impreso de solicitude dirixido ao Servizo de Medio Ambiente e demais documentación que se indica na apartado Documentación necesaria.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do Concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital .

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar na solicitude, segundo fica especificado na apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitar

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Contra a Resolución que se dite poderanse interpoñer os seguintes recursos:

  • Recurso potestativo de Reposición.
  • Recurso contencioso-administrativo

Outras versións

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión