23 de marzo de 2021
Estudarase a colonización natural da estrutura por invertebrados e pequenos peixes de augas costeiras.
O "biohut" é unha instalación formada por un sistema de gaiolas e un núcleo de pedra volcánica no que poden atopar aloxamento larvas e pequenos organismos que chegan ao Aquarium procedentes da captación de auga situada na baía coruñesa. Quedará instalado no Piscinarium onde viven as focas para estudar o seu proceso de colonización natural, para o que periodicamente se gravarán vídeos.
Esta iniciativa enmárcase no proxecto europeo Ocean Connections: Developing Ocean Literacy through Creative Dixital Pedagogies, que finaliza en 2021, para avaliar o uso de técnicas de realidade virtual inmersiva 360º e de realidade aumentada, desenvolvidas para este proxecto polo CESGA. Tamén para valorar pedagoxías creativas na educación sobre o medio mariño nas escolas, que enriquezan a aprendizaxe do alumnado con estas tecnoloxías.
O Aquarium Finisterrae participa neste proxecto europeo xunto ao CPI O Cruce de Cerceda, o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e varias escolas, acuarios e universidades do Reino Unido e Dinamarca.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible