Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
UDCiencia d+i, grupo de divulgación científica e innovación docente da Universidade da Coruña, en colaboración cos Museos Científicos, organizan a IV Feira de Ciencia Isabel Zendal.
A actividade conmemora o aniversario da saída da Real Expedición Filantrópica da Vacina do porto da Coruña, o 30 de novembro de 1803, hai 218 anos. Nesta travesía marítima tivo un papel destacado a coruñesa Isabel Zendal, como responsable dos nenos que portarían a vacina das vexigas.
Neste evento, que se celebrará o sábado 27 de novembro, o Aquarium Finisterrae acollerá un programa de dez obradoiros atendidos por profesorado e alumnado da Universidade da Coruña. Será unha oportunidade para descubrir e aprender ciencia participando en diversos experimentos, xogos e actividades.
De Galicia para o mundo. Historia dunha enfermeira e 22 nenos galegos que salvaron millóns de vidas.
A luz da natureza. Falarase sobre animais, plantas e minerais que emiten luz, que é a bioluminiscencia e outros tipos de luz que atopamos na nosa contorna.
Plantas cazadoras. Sobre os mecanismos de captura presentan diferentes xéneros de plantas carnívoras e o sentido biolóxico da súa existencia.
VacinaARTE. Cal é a diferenza entre un virus e unha bacteria? Que é unha vacina? Como se fai? Por que é importante vacinarse?
O tesouro do pirata. Perlas, corais, ouro, prata, xemas,... Jack Sparrow explicará como se forman estes minerais e xemas que forman parte do seu tesouro escondido na Illa Tartaruga.
Combatendo as bacterias. Por que as bacterias fixéronse resistentes aos antibióticos? Que fai que unha bacteria sexa resistente e outra non? Bla, o xen que proporciona ás bacterias resistencia á ampicilina.
A supervivencia das tartarugas mariñas. Neste obradoiro explicarase a bioloxía de tartarugas mariñas, como viven, aliméntanse, reprodúcense e comunícanse entre elas. A súa importancia nos ecosistemas e o detrimento das súas poboacións debido á actividade humana.
Aves mariñas. Neste obradoiro explicarase a bioloxía de aves mariñas, como viven, aliméntanse, reprodúcense e comunícanse entre elas.
Matemáticas e, a xogar! Un taller para coñecer as propiedades dalgúns obxectos matemáticos, descubrir a presenza das matemáticas en lugares inesperados e entender como certas propiedades matemáticas poden utilizarse para construír obxectos útiles.
O motor diésel. Explicaranse conceptos básicos de mecánica: o ciclo de catro tempos, sistemas de distribución, alimentación, refrixeración, lubricación e sistemas eléctricos auxiliares.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible