Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de maio de 2026

A Casa das Ciencias presenta unha exposición sobre as eclipses

Está instalada na explanada exterior de acceso ao museo

O próximo 12 de agosto será posible ver dende A Coruña unha eclipse total de Sol e con este motivo a Casa das Ciencias está a desenvolver diversas actividades divulgativas: un taller formativo para profesionais da educación, sesións de planetario en directo sobre a eclipse e, agora, unha exposición que está instalada nos exteriores da Casa das Ciencias.

A mostra, composta por dous cubos de gran tamaño, presenta oito paneis gráficos con información, imaxes e infografías que expoñen cuestións científicas, culturais e sociais relacionadas coas eclipses.

O panel titulado «Eclipses de Sol», por exemplo, explica en que consiste este evento astronómico, a súa xeometría e os astros involucrados. O dedicado á «Anatomía da totalidade» expón as características máis rechamantes que se poden observar durante unha eclipse total, como a coroa solar, o chamado anel de diamantes ou as perlas de Baily. E no titulado «Cuestión de perspectiva» cóntase por que as eclipses de Sol son tan pouco frecuentes.

En «Perseguindo a sombra da Lúa» destácase que a península Ibérica será o escenario de tres eclipses de Sol (en 2026, 2027 e 2028) e cales serán as súas traxectorias. O panel «Planifica a eclipse da túa vida» ofrece información sobre como escoller un lugar adecuado para a observación, as fases da eclipse e, o máis importante, as medidas de seguridade que debemos ter en conta para preservar a saúde dos nosos ollos.

Tamén hai un panel dedicado á «Historia das eclipses», que aborda desde as primeiras ideas, repletas de misterio e superstición, ás expedicións astronómicas para estudalos, e outro sobre a ciencia detrás das eclipses, xa que contribuíron a realizar e consolidar descubrimentos científicos.

Esta exposición, que pode descargarse nesta ligazón por calquera persoa ou institución que estea interesada en reproducila, acompaña o programa de planetario «3CLIPSE», que se presentará nas próximas semanas. Un proxecto de divulgación no que participan máis de trinta planetarios, museos e centros de ciencia e que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión