Unha actividade para o público que visita o Aquarium as fins de semana e festivos ás 13.00 e ás 18.00 horas.
Público xeral
Para público en xeral
Dende o 01/07/2024 ata o 31/12/2024
Fins de semana e festivos ás 13.00 e ás 18.00 horas (agás na Semana da Ciencia)
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
A actividade non ten un custo adicional, está incluído no prezo da entrada que cada persoa deba aboar para visitar o Aquarium Finisterrae.
O Aquarium Finisterrae ofrece a diario unha actividade para as persoas que o visitan. Trátase de charlas breves, duns 10 minutos, sobre a bioloxía e curiosidades dalgunhas das especies máis populares do Aquarium (polbos, medusas, cabaliños de mar, estrelas de mar...) ofrecidas polo persoal de atención ao público.
Esta actividade nace do interese mostrado polo público do Aquarium por preguntar e afondar nunha gran diversidade de cuestións.
Os monólogos anúncianse por megafonía minutos antes do comezo de cada monólogo para que as persoas que estean a visitar o Aquarium poidan asistir se o desexan.
29 de setembro de 2024
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 16 de novembro no Concello da Coruña.
10 de setembro de 2024
Xa está aberto o sistema de solicitude de reservas para as visitas de grupos escolares á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae.
7 de setembro de 2024
Trátase dun programa Erasmus+ que se adentra na relación do cambio climático coa xenética e a saúde
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible