Concello da Coruña

Concello da Coruña

Naukas Coruña 2018 | Grandes viaxes

Naukas Coruña 2018 terá lugar o sábado 30 de xuño no Teatro Rosalía de Castro. Unha xornada de divulgación, con nove charlas científicas sobre o tema «Grandes viaxes», impulsada polos Museos Científicos – Concello da Coruña e Naukas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

30/06/2018

Xa rematou

Inscricións:

PRAZAS ESGOTADAS

Horario:

De 9:30 a 13:00 e de 16:00 a 20:15 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

A entrada é GRATIS, con reserva previa. PRAZAS ESGOTADAS.

>> Se quedan asentos libres, 10 minutos antes de comezar o evento, permitirase o paso das persoas sen invitación <<

Organiza:

Naukas e Museos Científicos Coruñeses

PROGRAMA

> SESIÓN DE MAÑÁ

09:30 h. Apertura de portas.

10:00 h. Presentación. Víctor Grande, mestre de cerimonias.

10:05 h. A fascinante viaxe da luz. Antonio Martínez Ron, Naukas.

Unha breve historia sobre como os humanos desentrañamos a natureza da luz e a visión e sobre a incrible viaxe dun fotón desde que sae do Sol ata que incide nas células receptoras da nosa retina.

10:45 h. A odisea da primeira base no Ártico. Javier Peláez, Naukas.

En 1881 Estados Unidos intentou crear a primeira base ártica na baía de Lady Franklin. A expedición, ao mando do militar Adolphus Greely, converteuse nunha verdadeira fazaña científica e humana.

11:30 h. Isabel Zendal Gómez: unha galega ao servizo da humanidade. Ana M. González Tizón. Profesora de Xenética da UDC e divulgadora científica.

A primeira enfermeira da historia nunha misión internacional de saúde pública encargouse do labor máis imprescindible na Real Expedición Filantrópica da Vacina. Unha viaxe de catro anos cun final de consecuencias inimaxinables.

12:15 h. Arte, ciencia e viaxe: por que Alexander von Humboldt revolucionou o relato da natureza. Elisa Garrido Moreno, Universidade Carlos III de Madrid.

Unha viaxe cara a unha nova forma de ver o mundo, a que propuxo Humboldt fusionando a investigación científica e o pracer de coñecer as diferentes belezas que posúe a natureza.

13:00 h. Fin da sesión de mañá.

> SESIÓN DE TARDE

16:00 h. Apertura de portas.

16:30 h. A ciencia que non miraba as mulleres. Esther Sánchez García, comunicadora científica.

Ata hai pouco usábase maioritariamente a palabra «home» para referirnos aos humanos. Que problemas carrexa que os científicos tamén usen exclusivamente o home como referencia?

17:15 h. Quedar polo camiño. Beatriz Sevilla, comunicadora científica (Scienseed).

En ciencia, desde bacharelato ata os cargos máis altos, a cada paso hai menos mulleres. Onde quedan? Por que en campos nos que se gradúan 50% de mulleres e 50% de homes, segundo avanza a carreira profesional cada vez hai menos mulleres?

18:00 h. Da ciencia e tecnoloxía ao emprendemento feminino. María Sanz de Galdeano, CEIN.

Calcúlase que gran parte dos traballos da próxima década estarán relacionados con STEM, é dicir, as ciencias básicas, a tecnoloxía ou a enxeñería. Con todo no noso país está a descender o número de persoas que estudan estas titulacións, en especial no caso das mulleres, aínda que hai bos exemplos de mulleres emprendedoras nestes sectores que é necesario visibilizar.

18:45 h. Aviadoras e viaxes, STEM e paixón. Vanessa de Velasco, piloto de Airbus A330/A340 e directora do proxecto Aviadoras.

A aviación foi tradicionalmente unha profesión definida como romántica, perigosa e para os aventureiros e líderes. Durante esta charla exploraremos coa nosa mochila baleira os comezos da formación dun piloto e a súa formación en ciencias e habilidades manuais. Iremos enchendo a mochila segundo vaiamos viaxando ao longo da charla, coñecendo figuras e referentes históricos así como as novas técnicas en seguridade e competencias. Continuaremos cunha viaxe moi especial na que veremos que hai veces que non hai que levar demasiadas cousas na mochila, só o indispensable. Acabaremos falando do proxecto aviadoras e de como podemos ir enchendo a nosa mochila para unha nova viaxe.

19:30 h. Mulleres astronautas: facendo cachizas o teito de cristal. Sara Gil Casanova, divulgadora científica (AstroChat).

Cúmprense 55 anos de mulleres no espazo. Unha historia que vai desde as pilotos pioneiras ás que se negou a Lúa ás últimas promocións de astronautas que soñan con Marte.

20:15 h. Despedida e peche.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión