8 de xuño de 2019
O Teatro Rosalía de Castro acollerá o 8 de xuño a xornada de divulgación «Naukas Coruña 2019».
O evento, impulsado por Museos Científicos Coruñeses en colaboración con Naukas e o Campus Innova da Universidade da Coruña, inclúe trece charlas para todos os públicos relacionadas co tema Saúde e medicina no século XXI.
Desde as 10.00 h e ata as 20.30 h, as trece persoas convidadas falarán sobre cuestións como a obesidade, a investigación dos cancros, internet como fonte de información sobre temas de saúde, as vacinas, as expectativas do tándem big data e xenética, a medicina personalizada, ou a técnica de edición xenética CRISPR.
A entrada é gratuíta pero será necesario reservar praza a partir do luns 22 de abril aquí.
O programa completo publicarase no momento da apertura das inscricións.
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

3 de xullo de 2026
Unha mostra colectiva de historietas de cómic que abordan diferentes perspectivas das eclipses.

3 de xullo de 2026
Faleceu tras 20 anos de vida no acuario coruñés

26 de xuño de 2026
A Casa das Ciencias estrea «3CLIPSE», unha experiencia inmersiva para descubrir as eclipses solares de 2026, 2027 e 2028
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible