Concello da Coruña

Concello da Coruña

Noite europea das persoas investigadoras en Galicia (G-Night)

Xa esta aberta a reserva de entradas para participar nas actividades do Aquarium Finisterrae e a Domus.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

24/09/2021

Xa rematou

Horario:

Actividades ás 17.30, 18.00, 18.30, 19.30 e 20.30 horas.

Requisitos:

Imprescindible reservar entradas, que se debe realizar AQUÍ.

Os Museos Científicos Coruñeses acollen a «Noite europea das persoas investigadoras», con actividades no Aquarium Finisterrae e na Domus que realizarán investigadores e investigadoras da UDC, CICA, INIBIC e SEBBM o venres 24 de setembro.

Trátase dun evento de divulgación científica que se celebra de forma simultánea en cidades de toda Europa o último venres do mes de setembro. O persoal investigador, protagonista das actividades, expón a diversidade da ciencia e a tecnoloxía e o seu impacto na vida da cidadanía.

A iniciativa, con dez anos de traxectoria, chega por primeira vez a Galicia, co lema G-Night (Galicia Night).

Estas son as actividades que se celebrarán no Aquarium e en Domus, e que requiren reserva previa de entradas:

AQUARIUM FINISTERRAE

«Algas mariñas: arco da vella de sabores e texturas».

Sesións ás 18.00 e 19.30 horas, no Aquarium Finisterrae, sala Cornide.

Ven e descobre connosco que as algas son máxicas e cambian de cor. Descobre o marabilloso poder dos alguinatos e o incrible mundo das esferificacións, e que as algas están en calquera recuncho das nosas vidas. Mira con lupa e ao microscopio o preciosas que son en detalle e coñece unha fermosa maneira de crear belos cadros con elas.

Organización: Investigadores/as de Grupo BIOCOST (CICA).

Duración: 1 hora.

Idade: maiores de 12 anos.

Prazas: 12

Reservas de ata 4 persoas. Cada reserva debe incluír unha persoa adulta. Máximo de 3 nenos/nenas por reserva.

«Na procura dos microplásticos / O aire que respiramos».

Sesións ás 18.00 e 19.30 horas, no Aquarium Finisterrae, sala Humboldt.

Todos procuramos coidar o medio ambiente e preocúpanos escoitar que as nosas praias están cheas de microplásticos ou que o aire ten contaminantes. Neste obradoiro miraremos moi de preto estes problemas e exploraremos posibles solucións.

Organización: Investigadores/as de Grupo QANAP (UDC).

Duración: 1 hora.

Idade: maiores de 10 anos.

Prazas: 10

Reservas de ata 4 persoas. Cada reserva debe incluír unha persoa adulta. Máximo de 3 nenos/nenas por reserva.

DOMUS

«Experimentando con materiais e imaxe térmica».

Sesións ás 17.30, 19.00 e 20.30 horas, na Domus, Laboratorio Aberto.

Manchas vermellas, amarelas, verdes e azuis ... así vemos as imaxes térmicas que circulan pola rede. Mais, imaxinas mirar o mundo a través desas cámaras e entender por que se ve así? Nin sequera o funcionamento dun porrón parecerá doado despois desta experiencia.

Organización: Investigadores/as de Grupo QUIMOLMAT (CICA).

Duración: 1 hora.

Idade: maiores de 12 anos.

Prazas: 16

Reservas de ata 4 persoas. Cada reserva debe incluír unha persoa adulta. Máximo de 3 nenos/nenas por reserva.

«Conversas científicas na Domus».

Ás 18.30 horas, na Domus, sala Leonardo da Vinci.

1. Con batas e ás toas.

2. Química: a mala da película?

3. Coméndonos o chan!

As investigadoras Vanessa Valdiglesias, Elena Pazos e o investigador Manuel López teñen moitas cousas que contarnos. Ven a estas conversacións divulgativas e déixate namorar por todas as dimensións da ciencia: desde as persoas investigadoras ata os temas máis candentes de investigación.

Relator: Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA).

Duración: 1 hora e media.

Idade: maiores de 16 anos.

Prazas: 58

Reservas de ata 4 persoas.

«Conversacións científicas na Domus-2».

Ás 20.30 horas na Domus, sala Leonardo da Vinci.

«Botar a vista atrás para ver máis aló: o potencial dos legados históricos sobre dereitos de mobilidade humana». Dr Cristina Branco. Marie-Sklodowska Curie Senior Global Fellow. University of Pittsburgh (USA). Università Ca' Foscari di Venezia.

«Está máis rica a cervexa cando escoito música? Paradoxos da percepción do sabor». José Manuel López Vilariño. Responsable I+D, R&D Manager en Fillos de Rivera S.A.U.

Organización: Investigadores/as do INIBIC e a SEBBM.

Duración: 1 hora.

Idade: maiores de 16 anos.

Prazas: 58

Reservas de ata 4 persoas.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión