12 de maio de 2025
A Concellería de Emprego, Comercio e Mercados organiza dous cursos de formación gratuítos, para persoas emprendedoras
A Concellería de Emprego, Comercio e Mercados do Concello da Coruña organiza dous cursos de formación gratuítos, de 20 horas de duración cada un, para persoas emprendedoras.
O primeiro deles trátase dun curso de elaboración dun plan de empresa. O obxectivo é formar as persoas asistentes para que sexan capaces de realizaren un Plan de empresa que lles permita fixar a estratexia da súa empresa. O curso impartirase os días 26, 27, 28, 29 e 30 de maio, de 16.00 a 20.00 horas.
O segundo é un curso de comercialización e venda. O obxectivo é capacitar as persoas asistentes en comercializar produtos e servizos, dotalas e formalas en técnicas de venda e nos coñecementos básicos necesarios para desempeñaren con éxito a súa actividade comercial. Este curso impartirase os días 9, 10, 11, 12 e 13 de xuño, de 16.00 a 20.00 horas.
Ambos os cursos serán impartidos no centro municipal Accede Papagaio (praza do Papagaio, baixo, 15002 A Coruña). As inscricións son gratuítas, con inscrición previa, ata completar a capacidade.
Máis información e inscrición
Actividades relacionadas

12 de xaneiro de 2026
MiniDomus é un espazo pensado para aprender facendo, onde cada actividade convida a experimentar, compartir e descubrir o mundo con asombro.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

7 de setembro de 2024
Trátase dun programa Erasmus+ que se adentra na relación do cambio climático coa xenética e a saúde
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible