2 de xuño de 2023
Haberá visitas guiadas e obradoiros na semana do 5 ao 11 de xuño
A semana do luns 5 ao domingo 11 de xuño, que engloba o Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño) e o Día Mundial dos Océanos (8 de xuño), o Aquarium Finisterrae conmemora o seu vixésimo cuarto aniversario (inaugurouse o 5 de xuño de 1999) con actividades para concienciar a cidadanía dos problemas derivados de contaminar a contorna. De luns a venres, ás 17.30 h, os visitantes do acuario coruñés poderán realizar a visita guiada «Sinais de alarma», un itinerario pola sala Maremagnum onde se presentarán e comentarán un variado conxunto de procesos e transformacións ambientais que se están producindo no noso planeta, especialmente en relación coas contornas mariñas. Diferentes módulos e acuarios servirán para abordar cuestións como a acidificación das augas, a contaminación mariña, as especies invasoras, a sobreexplotación dos recursos naturais ou a ruptura dos equilibrios ambientais. Para participar só haberá que aboar a entrada correspondente do Aquarium finisterrae e presentarse na recepción á hora de inicio.
Obradoiros para público familiar
O fin de semana do sábado 10 e o domingo 11 de xuño, en horario de 11.30 h a 13.30 h, haberá obradoiros de arte efémera destinados a público familiar con nenos e nenas a partir de 6 anos. Esta actividade está pensada para concienciar a cidadanía sobre o gran problema ambiental que é a contaminación dos océanos con plásticos. A partir dunha diversidade de refugallos recolleitos en praias galegas, os participantes poderán crear pequenas esculturas sobre peixes e outros animais mariños, tanto reais como imaxinarios. Os obradoiros estarán guiados polo colectivo Retoque Retro e a Asociación Mar de fábula. Se as persoas participantes deciden doar as súas creacións artísticas, sumaranse ao banco de seres mariños que adorna a entrada da sala Humboldt de exposicións temporais. Para participar nesta actividade hai que realizar unha reserva previa na páxina web dos Museos Científicos Coruñeses, a partir das 10.00 h do mércores día 7 de xuño, e aboar a entrada correspondente ao chegar ao acuario. Os talleres teñen unha capacidade máxima diaria de 30 persoas.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
24 de novembro de 2023
Do 23 de decembro ao 7 de xaneiro haberá diversas actividades e proxeccións.
7 de novembro de 2023
Co obxectivo de atender a elevada demanda de visitas, este ano a Semana da Ciencia, de entrada gratuíta, incluirá dúas fins de semana.
10 de outubro de 2023
Foron outorgados os Prismas de Bronce en sete das oito categorías do premio, quedando deserta a de texto inédito ou autoeditado.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible