Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de xuño de 2020

O Aquarium Finisterrae está aberto pero só con reserva previa de entradas

As persoas visitantes deberán usar de forma obrigatoria a máscara, sen válvula exhalatoria, durante toda a visita e manteren a distancia de dous metros entre persoas que non convivan.

Todas as persoas que visiten o Aquarium Finisterrae deberán gardan unhas normas de seguridade, como usar de forma obrigatoria a máscara, sen válvula exhalatoria, durante toda a visita; e manter a distancia de dous metros entre persoas que non convivan. Ademais deberá evitarse tocar calquera obxecto ou superficie, de feito deshabilitáronse os elementos interactivos do museo.

Polas súas características, o acceso á sala Nautilus só se poderá realizar cada 20 minutos en grupos de tamaño reducido e acompañados dunha persoa do centro.

Para compensar esta redución da oferta e outras restricións que o público atopará durante a visita, reduciuse o prezo da tarifa xeral de 10 a 4 euros.

Como realizar a reserva de visita?

O Aquarium Finisterrae recibirá visitantes de luns a domingo cada 20 minutos en grupos reducidos.

Para visitar o Aquarium Finisterrae haberá que realizar previamente unha reserva por Internet, con ata tres días de antelación, a través desta ligazón web.

Poderán reservarse un máximo de 5 entradas por persoa, elixindo día e tramo horario segundo a dispoñibilidade. As entradas aboaranse ao chegar ao museo, tras mostrar o resgardo da reserva que se recibirá ao completar o rexistro.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión