Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
21 de xullo de 2020
Contén as fotografías premiadas na última edición do concurso «GDT European Wildlife Photographer of the Year».
A sala Isabel Castelo do Aquarium Finisterrae presenta a exposición «Fotógrafos da Natureza 2020, coas fotografías premiadas na última edición do concurso GDT European Wildlife Photographer of the Year.
Este concurso iniciouse no ano 2000, promovido pola Asociación alemá de Fotógrafos da Natureza (GDT nas súas siglas en alemán). Ten como obxectivo mostrar o extraordinario nivel da fotografía da natureza, tanto profesional como afeccionada, en Europa, pero tamén pretende promover o seu coñecemento e a súa conservación.
O gañador absoluto deste ano é o fotógrafo español Eduardo Blanco Mendizábal, cunha imaxe dun lince.
A exposición contén 84 imaxes, gañadoras e finalistas nas diferentes categorías do concurso: Aves, Mamíferos, Outros animais, Eloxio das plantas, Paisaxes, Mundo submarino, Ser humano e natureza, Forma e composición, Mozos/as fotógrafos/as.
Estas imaxes foron elixidas entre as miles que se presentaron este ano ao concurso, realizadas por fotógrafos e fotógrafas de toda Europa.
Son instantáneas que foron realizadas con moita paciencia e persistencia, nas que, unha vez máis, os autores e autoras despregan as súas habilidades e a súa mirada para capturar aspectos esenciais e sorprendentes da natureza, xa sexan paisaxes ou pequenos detalles das especies que os habitan. Desde a premisa que di que protexemos o que coñecemos, imaxes como as desta exposición poden ser un bo punto de partida para concienciarnos e involucrarnos na conservación da natureza.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
2 de marzo de 2021
Proyecto de la concejalía de Educación en colaboración con los Museos Científicos.
17 de febreiro de 2021
A partir do xoves 18 de febreiro ofreceranse de novo visitas presenciais con reserva previa
10 de febreiro de 2021
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae ofrecen visitas virtuais para os días de Entroido 15, 16 e 17 de febreiro.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible