12 de xullo de 2025
A exposición estará na sala Isabel Castelo de xullo a decembro
Este verán volven ao Aquarium Finisterrae as mellores instantáneas do mundo natural na exposición «Fotografías da Natureza 2025». Contén as imaxes premiadas na última edición de European Wildlife Photographer of the Year, un dos concursos de fotografía de natureza máis prestixiosos do mundo, organizado pola Sociedade Alemá de Fotografía de Natureza (GDT nas súas siglas en alemán), e que ten como obxectivo incrementar entre o público a conciencia e o interese por preservar o medio ambiente.
A exposición contén un total de 85 fotografías que inclúen a mellor fotografía de cada categoría e mencións de honra e finalistas, distribuídas en nove seccións: Aves, Mamíferos, Outros animais, Mundo submarino, Eloxio das plantas, Paisaxes, O ser humano e a natureza, Forma e composición e Novos fotógrafos. Nesta edición presentáronse 18.000 imaxes enviadas por 928 fotógrafos e fotógrafas procedentes de 38 países.
Das 85 imaxes premiadas, 15 corresponden a fotógrafos españois ou fotógrafas españolas, incluíndo o gañador absoluto desta edición, Jaime Rojo, pola súa imaxe titulada «No bosque das monarcas». O autor describe así a fotografía:
"As bolboretas monarca (Danaus plexippus) hibernan aniñadas nas árbores do Santuario da Mariposa Monarca do Rosario, en México. O clima a esta altitude é fresco e relativamente húmido, e as bolboretas adaptáronse ás mesmas condicións ecolóxicas que as árbores, na súa maioría abetos de Oyamel (Abies religiosa). As copas das árbores protexen ben as bolboretas das inclemencias do tempo e favorecen a súa congregación en grandes cantidades, pero mesmo o cambio máis pequeno na masa forestal podería ter un impacto negativo no sensible microclima ao que se adaptaron estes animais. A deforestación seguía sendo un problema a principios da década do 2000, a pesar das medidas de conservación que conduciron á creación desta zona protexida. Unha coalición internacional de gobernos e organizacións ecoloxistas sen ánimo de lucro liderada por México creou un fondo fiduciario para traballar coas comunidades locais co fin de reducir a deforestación, que diminuíu de forma constante desde 2009".
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible