Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de maio de 2021

O Día da Ciencia 2021 xa está en vídeo

O evento celebrouse o pasado 8 de maio no Teatro Colón

O Día da Ciencia na Rúa, que tradicionalmente reúne a ducias de centros educativos e miles de persoas no Parque de Santa Margarida, trasladouse este ano de maneira excepcional ao Teatro Colón adaptándose ás circunstancias sanitarias.

O evento, que se desenvolveu entre as 10 da mañá e as 6 da tarde en 3 bloques horarios, foi gravado na súa totalidade. Agora publícanse os vídeos coas actuacións de todos os grupos escolares que participaron en cada un deses bloques. Están dispoñibles aquí (entrando no parque virtual e desprazándose á dereita ata ver o cartel do Día da Ciencia 2021).

Os centros que participaron neste especial Día da Ciencia foron: IES Menéndez Pidal, CEE María Mariño, IES Rosalía Mera, Colexio Montespiño, Colexio Franciscanas, EI Monte Alto, EI Os Cativos, Colexio Internacional Eirís, Colexio Maristas, IES David Buján, IES Eusebio da Guarda, CPR Nosa Señora do Carme, IES Elviña, CPR Andaina, IES Agra do Orzán, IES Rego de Trabe e CPR A Grande Obra de Atocha.

O Día da Ciencia está organizado polo Concello da Coruña, a través dos Museos Científicos, e a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, coa colaboración de EMALCSA e a Cátedra UDC-EMALCSA.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión