Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de novembro de 2020

O éxito das postais planetarias consolídase na súa versión «confinada»

Tras dezaseis anos desde a posta en marcha do proxecto realizáronse 190 postais, as últimas en liña

As postais planetarias comezaron en 2004 no marco das sesións «O ceo para informados», nas que -un por entón novísimo- Borja Tosar recolleu a luva do desafío que lles fixo Jaítos Medal ás persoas afeccionadas á astronomía que frecuentaban a sesión.

Iniciouse así unha colaboración mensual que, de forma ininterrompida, chega ata os nosos días. Foi ademais o primeiro proxecto que os Museos Científicos adaptaron ás circunstancias Covid, ao levalas do Planetario a un escenario non presencial, as redes sociais, xa no mes de marzo, baixo o nome Postal planetaria confinada.

Esta colaboración constitúe un dos mellores exemplos de como os Museos Científicos son un espazo de encontro para as persoas interesadas na educación, comunicación e divulgación da ciencia.

As postais planetarias volverán ao Planetario de forma presencial, pero mentres non poidamos volver xuntarnos conviventes e non conviventes á calor da escuridade, seguiremos nas redes sociais.

Postal do sábado 28 de novembro

Borja Tosar dedicará a postal deste último sábado de mes ao telescopio de Arecibo, un dos máis grandes e polivalentes radio-observatorios do mundo.

Por desgraza en agosto rompeu un dos cables que suxeitaban a estrutura principal de instrumentación e danou gravemente o disco reflector. A sobrecarga nos demais cables fixo que outro cedese hai apenas uns días. Coa estrutura a piques de colapsar a National Science Foundation, para non poñer en risco a persoas na reparación, decidiu desmantelar o telescopio, o que supoñerá a perda dun dos mellores observatorios da historia, así como unha das grandes iconas da astronomía.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión