8 de setembro de 2023
Os catro andares de exposicións interactivos do museo permanecerán abertos, en horario de 10.00 a 19.00 horas de luns a domingo.
A partir do luns 11 de setembro o planetario da Casa das Ciencias permanecerá pechado durante tres semanas debido á renovación do seu sistema de proxección dixital que cumpre agora 14 anos desde a súa instalación. O novo sistema aproveitará a mellora na potencia dos computadores e as tecnoloxías de proxección para ofrecer unha experiencia inmersiva de calidade moi superior á do sistema que se substitúe.
Durante a instalación destes equipos, o resto do museo pódese visitar con normalidade todos os días en horario de 10.00 a 19.00 h, aínda que o acceso péchase ás 18.30 h.
O novo sistema contará con proxectores de tecnoloxía LED e o software Digistar 7, desenvolvido pola empresa Evans&Sutherland, o que proporcionará unha experiencia con maior resolución e imaxes máis reais para trasladarnos a outros planetas ou viaxar pola Vía Láctea e o resto do universo.
A renovación non supón perder o emblemático proxector analóxico de estrelas Zeiss, que convivirá co novo sistema e que chegará a complementalo nalgunhas sesións.
Estrea por escolares
As primeiras persoas que estrearán o renovado planetario serán os e as escolares do curso 2023/24, un público que o curso anterior superou a cifra de 30.000 persoas e que a partir de outubro descubrirán a noite estrelada como nunca ata agora.
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible