Taller de deseño de instrumentos electrónicos e interacción física
Dende o 23/05/2026 ata o 24/05/2026
23 e 24 de maio das 10.00 ás 14.00 h
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
20
• Matrícula con kit: 120 € (inclúe unha Daisy Seed, unha placa de prototipado, un jack 3,5 estereo, un potenciómetro para probas. É necesaria preinscrición para xestionar o encargo do material)
• Matrícula sen kit: 60 € (poderase traballar con algunhas das Daisy Seed dispoñibles)
Máis información e inscricións: xoanxil@unruidosecreto.net
Material extra necesario: recoméndase, aínda que non é imprescindible, levar un portátil.
Este taller é unha introdución á creación de dispositivos sonoros electrónicos (sintetizadores, módulos, efectos hardware etc.) utilizando a placa Daisy Seed de Electrosmith e engadindo interacción e control físico mediante o uso de sensores. Aínda que Daisy pódese programar con diferentes linguaxes, neste taller centrarémonos en Plug data pola súa sinxeleza e accesibilidade.
A actividade está dirixida a calquera persoa que se queira introducir no desenvolvemento de proxectos sonoros deseñando os seus propios dispositivos e adaptándoos aos seus intereses creativos, dende a música ao desenvolvemento de instalacións sonoras, a danza ou a peformance. Non son necesarios coñecementos previos.
O taller estará impartido por Anxe Faraldo, músico e sonólogo, profesor de composición electroacústica no Centro Superior Katarina Gurska (Madrid). E Xóan-Xil López, artista sonoro e investigador. O seu traballo xira arredor da práctica fonográfica (gravación de campo) e a experimentación sonora adquirindo a forma de instalacións, situacións inmersivas de escoita, composicións, performances e textos.

30 de abril de 2026
Será o 9 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez, de 11 a 19 horas

28 de abril de 2026
Trátase de Jinzi, unha foca macho procedente do Oceanogràfic de Valencia

24 de abril de 2026
O prazo de presentación de traballos comeza o 1 de maio e finaliza o 1 de xuño nas oito modalidades do certame
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible