Charla a cargo de Martin Pawley, da Agrupación Astronómica Ío, no Planetario da Casa das Ciencias
Para público en xeral
21/12/2023
Xa rematou
Ás 19.30 horas
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
Entrada libre ata completar a capacidade da sala
Hai cen anos, o 21 de outubro de 1923, fíxose en Munich a primeira demostración pública do uso dun planetario, o Modelo I de Zeiss, antepasado do proxector que desde hai 38 anos se usa na Casa das Ciencias.
A idea mesma de proxectar estrelas nunha cúpula non existiría se antes non se inventase o cinema, que nos anos 10 e 20 era xa a arte popular por excelencia. Mais tamén é xusto lembrar que os planetarios acabaron por estar presentes en non poucas películas ao longo da historia como escenario perfecto para o coñecemento científico, para encontros románticos e mesmo para algún asasinato de película.
Nesta charla Martin Pawley repasará a inesperadamente estreita relación entre os planetarios e o cinema.
Martin Pawley é crítico e programador de cinema, e coordina os grupos de traballo sobre contaminación luminosa e diversidade da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible