Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de outubro de 2022

O venres 7 de outubro a entrada aos Museos Científicos Coruñeses será gratuíta

Para visitar o Aquarium este día é imprescindible reservar entradas.

Con motivo do festivo local da Virxe do Rosario, a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae celebran xornada de portas abertas. Unha ocasión para gozar das exposicións interactivas dos tres museos, asistir a unha sesión de planetario ou coñecer as últimas novidades, como a exposición «Fotógrafos da natureza» no Aquarium ou o vídeo do parto da Domus.

As persoas que desexen visitar o Aquarium Finisterrae deberán reservar entradas a través desta páxina. Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva, acompañadas doutra persoa se o precisan.

Para visitar a Domus pódese realizar reserva de entradas nesta páxina, e para visitar as salas de exposicións da Casa das Ciencias poderanse reservar entradas aquí.

As persoas que ademais queiran asistir a unha sesión de planetario na Casa das Ciencias deberán retirar invitacións, que se repartirán media hora antes de cada sesión na recepción do museo. Entregaranse un máximo de 2 invitacións por persoa. A programación do planetario o venres 7 será a seguinte:

11.30 h. «Dinosauros. Unha historia de supervivencia». Galego. Maiores de 6 anos

13.00 h. Sesión en directo sobre o Camiño de Santiago e a Vía Láctea. Maiores de 10 anos

17.00 h. «El cielo de Cloe». Castelán. De 4 a 6 anos

18.00 h «Lévame á Lúa». Galego. Maiores de 10 anos

O horario de apertura nos Museos Científicos Coruñeses será das 10.00 ás 19.00 horas, con último acceso ás 18.00 horas no Aquarium e ás 18.30 horas na Casa das Ciencias e Domus.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión