Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de setembro de 2025

Os Museos Científicos Coruñeses abren o curso escolar cun amplo programa educativo

Xa está aberta a reserva para as visitas de grupos escolares á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae

A rede municipal de Museos Científicos da Coruña pon en marcha o seu programa de exposicións, proxeccións e actividades para o novo curso escolar. Inclúe variadas propostas para os diferentes niveis educativos, pensadas para contribuír a enriquecer e complementar o traballo que se fai nas aulas.

Entre as principais novidades, na Casa das Ciencias, ademais das súas exposicións interactivas, presentarase un novo programa de planetario, que se sumará á ampla carteleira xa dispoñible. A Domus presentará tres novos espazos expositivos, ademais de continuar coa súa extensa porpuesta de talleres no Laboratorio Aberto e na Sala maker@domus. E no Aquarium Finisterrae, os grupos escolares poderán complementar a súa visita con algún dos talleres e itinerarios que ofrece, incluíndo este curso un novo taller sobre as charcas de baixamar.

Os grupos escolares gozan de tarifas reducidas para o acceso aos Museos Científicos. No caso dos centros do municipio da Coruña a entrada é gratuíta.

A información completa, o procedemento para solicitar unha visita e o formulario de solicitude están dispoñibles nesta ligazón.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión