Concello da Coruña

Concello da Coruña

PEDRO RUIZ. "Mi vida es una anécdota by confidencial"

Pedro Ruiz presentará o que sen ningunha dúbida é o seu mellor guión “Mi vida es una anécdota by confidencial”, o que ninguén se atreve a contar.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

18/10/2024

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea: 32,00 €

Palco central: 32,00 €

Palco lateral: 30,00 €

Principal: 28,00 €

1.ª fila de principal, visibilidade reducida: 25,00 €

Desconto do 20% para Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas

Desconto do 25% para familia numerosa

*Os descontos aplicaranse logo da presentación previa do documento que acredita o desconto.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

http://www.teatrocolon.es/es/

Organiza:

Flyn Musik Producciones, A.I.E

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

Unha función única e exclusiva con todas as anécdotas relevantes, divertidas e insospeitadas entre cancións propias, parodias e poemas baixo un ambiente íntimo e persoal.

Todo iso contado ou interpretado desde a verdade, pero coa parodia ou esperpento dos personaxes aludidos.

Pasáronlle tantas cousas e tan reveladoras que custa crelas, e ademais cóntaas, cántaas, paródiaas e compárteas dunha maneira espectacular. Un dos mellores espectáculos do artista máis polifacético deste país.

VENDA DE ENTRADAS

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Teatro Colón: dende dúas horas antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • www.ataquilla.com

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión