Concello da Coruña

Concello da Coruña

Presentación dun conto de astronomía no Planetario

Escrito por Juan Carlos Medal, Jaítos, e traducido e editado pola poeta e astrónoma amadora Estíbaliz Espinosa.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

27/12/2022

Xa rematou

Horario:

Martes 27 de decembro, ás 19.30 horas

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar o capacidade

«El universo de Doña Urraca» foi un conto escrito para escolares polo mestre e técnico do planetario da Casa das Ciencias da Coruña Juan Carlos Medal, Jaítos, coa finalidade de servir de fábula sobre o ceo nocturno e as estrelas máis brillantes. Postumamente, pois Jaítos faleceu o 18 de xullo de 2010, ve a luz en forma de libro «O universo de dona Pega», traducido ao galego e editado por Estíbaliz Espinosa e ilustrado por Mariaxe Colaxe.

Esta edición foi posible grazas á complicidade de amizades e persoas coñecidas de Jaítos, como o astrofísico Borja Tosar ou o director dos Museos Científicos Coruñeses, Marcos Pérez Maldonado; tamén grazas á axuda do Concello da Coruña e á iniciativa O entrelazamento, promovida por Estíbaliz Espinosa ao redor da poesía, a astronomía e a música. Por iso, na presentación do próximo 27 de decembro ás 19.30 h estarán tamén os músicos Paulo Pascual, ao theremin, e Isabel Gómez Alonso, ao piano.

Neste acto lembraremos o mestre que tantas veces contou historias baixo a cúpula do Planetario que hoxe en día leva o seu nome, Juan Carlos Medal, Jaítos.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión