Concello da Coruña

Concello da Coruña

Presentación no planetario do cómic «Microalgas. Máis alá da Terra» de Xulia Pisón

Terá lugar o venres 1 de decembro ás 19.30 h no planetario da Casa das Ciencias

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

01/12/2023

Xa rematou

Horario:

19.30 h

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

O vindeiro venres 1 de decembro ás 19.30 h, a ilustradora Xulia Pisón presentará no planetario da Casa das Ciencias da Coruña o seu novo cómic Microalgas. Máis alá da Terra, terceira e última entrega desta triloxía de divulgación científica. Na presentación falarán tamén os asesores científicos da publicación, o astrofísico e divulgador Borja Tosar e o químico Jose Vilariño, sobre a terraformación de Marte e o potencial das microalgas na conquista do planeta vermello.

Triloxía de divulgación

Microalgas é unha triloxía de cómics que xorde como unha das actividades de divulgación científica do proxecto de investigación europeo Enhance Microalgae. Neste marco publícanse Microalgas. O mundo oculto (Universidade da Coruña, 2017) e Microalgas. O mar de Ardora (Universidade da Coruña, 2020) nos que descubrimos este mundo de microorganismos que nun futuro serán fundamentais na biotecnoloxía, farmacoloxía ou na alimentación. Os protagonistas, Spirulina, Ardora, Nanno, Tom e Wasto, son integrantes de distintas especies de microalgas que viven historias de aventuras e acción para todos os públicos, mentres loitan contra as distintas ameazas para o medioambiente.

Nesta última entrega, Microalgas. Máis alá da Terra, culminarán a súa viaxe en Marte, un planeta que alberga a esperanza para o futuro da vida.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión