Este real decreto ten por obxecto regular o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021.
Estatal
10 de marzo de 2018
As achegas previstas no presente Plan Estatal destínanse ao mantemento das axudas de subsidiación de préstamos convidos concedidas ao amparo de plans estatais anteriores e á concesión de novas subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas e a rexeneración e renovación de áreas urbanas e rurais, incluídos os supostos de infravivenda e chabolismo; para facilitar o acceso á vivenda en réxime de aluguer a sectores de poboación con dificultades económicas; para axudar a quen sexa obxecto de desafiuzamento ou lanzamento da súa vivenda habitual; así como para o fomento da promoción e/ou rehabilitación de edificios de vivendas destinadas ao aluguer ou a persoas maiores ou con discapacidade. As citadas achegas destínanse tamén á concesión de novas subvencións para axudar aos mozos, con escasos recursos económicos, no seu acceso á vivenda, xa sexa en aluguer ou mediante adquisición.
A concesión das novas subvencións rexerase polo disposto neste real decreto e nas disposicións que poidan ditarse no seu desenvolvemento ou execución, así como polo establecido na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, no regulamento que a desenvolve, e na normativa autonómica que, en cada caso, resulte de aplicación.
Os convenios para subscribir para o desenvolvemento do Plan axustaranse, en todo caso, ao disposto no título preliminar, capítulo VI da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible