Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de decembro de 2020

Retransmisión en directo da XI Reunión de Mozos Investigador@s no Estranxeiro na canle de YouTube dos Museos Científicos Coruñeses

— A xornada comezará ás 15 horas e finalizará ás 18.30 h coa entrega de premios.

O Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses-Concello da Coruña, organiza a XI Reunión de Mozos Investigador@s no Estranxeiro, que se celebrará o luns 28 de decembro, en horario de 15 h a 18.30 h, a través da canle de YouTube dos Museos Científicos Coruñeses.

Durante a xornada, unha vintena de investigadores e investigadoras realizarán as presentacións dos seus traballos en formato flash (cinco minutos), e as investigadoras Marisol Soengas e María Mayán pecharán a sesión con dúas charlas de doce minutos.

A XI Reunión finalizará coa entrega dos seguintes premios:

- Premio Anxos Alvariño á mellor traxectoria profesional. Premio concedido polos Museos Científicos - Concello da Coruña.

- Premio ao traballo presentado con maior impacto social. Premio concedido por Fillos de Rivera S.L.

- Premio á mellor traxectoria profesional «Científica moza menor de 30 anos». Premio concedido pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de Galicia, AMIT-Gal.

O programa de presentacións pode consultarse aquí.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión