Concello da Coruña

Concello da Coruña

GRLV

Sancionador por infracción ordenanza xestión residuos e limpeza viaria

Canles:

Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga do formulario

Tipo:

Sancionador

Materia:

Medio ambiente

Vixente:

Si

Iníciase o procedemento por informe emitido pola Policía Local, a Policía Nacional ou o Servizo de inspección ambiental por incumprimento da ordenanza de xestión de residuos e limpeza viaria.

  • A non presentación de alegacións á resolución de incoación implicará que esta sexa considerada proposta de resolución, cos efectos previstos na Lei 39/2015.
  • O pago voluntario da sanción efectuado con anterioridade á Resolución que poña fin ao procedemento, implicará a finalización deste, e gozará dunha bonificación do 30% do importe da sanción.

Sancionador por infracción ordenanza xestión residuos e limpeza viaria

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas ou xurídicas.

Prezo / Custo:

Ningún.

Órgano que resolve:

Titular da Concellería Delegada de Medio Ambiente e Sustentabilidade.

Máis información:

Sen prexuízo da sanción que corresponda, os infractores están obrigados á reposición ou restauración da realidade física alterada ao seu estado anterior á infracción cometida. A esixencia destas medidas, que inclúen as posibles indemnizacións por danos e prexuízos, poderá facerse efectiva no propio procedemento sancionador ou, no seu caso, noutro complementario.

Presentación

Prazo de presentación:

Sen prazo.

O procedimientino iniciarase de oficio no momento no que se teña coñecemento do incumprimento da ordenanza de xestión de residuos e limpeza viaria.

Documentación necesaria:

  • Solicitude xeral.

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (65 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • As alegacións á incoación e á proposta de resolución poderán presentarse en calquera dos rexistros do Concello da Coruña e polos demais medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cubrir o impreso de solicitude dirixido ao Servizo de Medio Ambiente e demais documentación que se indica na apartado Documentación necesaria.

Nas Oficinas de rexistro municipais estará dispoñible o formulario de solicitude específico, que tamén se pode descargar desde esta páxina.

Tamén poderán remitirse mediante as demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Como se fai?:

  • As alegacións á incoación e á proposta de resolución poderán presentarse en calquera dos rexistros do Concello da Coruña e polos demais medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Internet

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

  • Un mes cando se trata de faltas leves (procedemento simplificado).
  • Seis meses para faltas graves ou moi graves (procedemento ordinario).

Sentido do silencio administrativo:

Negativo.

E despois?:

Contra a Resolución que se dite poderanse interpoñer os seguintes recursos:

  • Recurso potestativo de Reposición.
  • Recurso contencioso - administrativo

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión