Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

6 de novembro de 2020

Semana da Ciencia 2020

Será imprescindible reservar entrada, cun máximo de 3 días de antelación, nas direccións web de reservas de cada un dos museos.

A Semana da Ciencia nos Museos Científicos Coruñeses terá lugar, como estaba previsto, do 9 ao 15 de novembro. A entrada será gratuíta pero, debido ás circunstancias sanitarias, as condicións de acceso e visita serán como as que se están aplicando desde que reabriron no verán.

Así, será imprescindible reservar entrada, cun máximo de 3 días de antelación, nos enderezos web de reservas de cada un dos museos:

No Aquarium Finisterrae poderanse visitar as salas de exposicións (onde se deshabilitaron os elementos interactivos), a sala Nautilus e as piscinas exteriores onde viven as focas.

Na Casa das Ciencias o acceso está limitado á asistencia a sesións do Planetario; a visita libre ás salas de exposicións non está dispoñible.

E o acceso á Domus está limitado á fin de semana do 14 e 15 de novembro, en que se poderá acceder unicamente a un programa de actividades na sala maker@domus e o Laboratorio Aberto.

Todas as persoas que visiten os Museos Científicos deberán gardan unhas normas de seguridade, como usar de forma obrigatoria a máscara, sen válvula exhalatoria, durante toda a visita e manter a distancia de dous metros entre persoas que non convivan, evitando ademais tocar calquera obxecto ou superficie.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión