9 de novembro de 2022
Do 14 ao 20 de novembro a entrada aos Museos Científicos Coruñeses será gratuíta
Para visitar eses días o Aquarium Finisterrae é imprescindible realizar unha reserva de entradas, que se poderá facer cun máximo de 3 días de antelación nesta páxina.
Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva, acompañadas doutra persoa se o precisan.
A visita á Casa das Ciencias e á Domus será libre, sen reserva previa e sempre que a capacidade dos museos non estea completa.
As persoas que queiran asistir a unha sesión de planetario na Casa das Ciencias deberán retirar invitacións, que se repartirán media hora antes de cada sesión na recepción do museo. Entregaranse un máximo de 2 invitacións por persoa.
A Semana da Ciencia terá ademais un acto destacado, a entrega dos XXXV Prismas Casa das Ciencias á Divulgación Científica, que se celebrará no salón de plenos do Concello da Coruña o sábado 19 de novembro.

15 de maio de 2026
Está instalada na explanada exterior de acceso ao museo

30 de abril de 2026
Será o 9 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez, de 11 a 19 horas

28 de abril de 2026
Trátase de Jinzi, unha foca macho procedente do Oceanogràfic de Valencia
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible