Concello da Coruña

Concello da Coruña

Taller de interpretación poética «Urban Travel Machines»

Coordinado por Yolanda Castaño, forma parte dun programa europeo que busca promover traballos poéticos contemporáneos, experimentais e innovadores para crear experiencias inmersivas en planetarios europeos.

A quen vai dirixido?:

Persoas maiores de idade interesadas no mundo da poesía.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 14/03/2024 ata o 15/03/2024

Xa rematou

Inscricións:

A inscrición ábrese o 6 de marzo neste formulario

Horario:

Xoves 14 e venres 15 de marzo de 18:00 a 20:30 horas.

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Número de prazas:

40

Prezo:

Gratuíto

A Domus acollerá un taller de interpretación poética enmarcado no proxecto europeo «Urban Travel Machines». O taller, coordinado por Yolanda Castaño, poeta e xestora cultural, terá lugar o xoves 14 e o venres 15 de marzo en horario de 18:00 a 20:30 horas, e está dirixido a persoas maiores de idade interesadas no mundo da poesía.

O taller traballará o aspecto oral e interpretativo dos textos poéticos, un xénero literario que non só nace dunha fonda tradición oral, se non que contemporéneamente atopa sobre todo tipo de escenarios una dos seus máis eficaces vías de expresión. ¿Como comunicar os nosos poemas ante un público? ¿Que aspectos debemos coidar e como construiremos unha voz propia tamén sobre a escena?

Para inscribirse no taller haberá que encher este formulario en liña que se abrirá o mércores 6 de marzo ás 10:00 horas.

O taller conta con 40 prazas que se adxudicarán por estrita orde de inscrición.

Os Museos Científicos Coruñeses, a través da Casa das Ciencias, participan desde outubro de 2022 no proxecto europeo «Máquinas de Viaxar Urbanas» (UTM nas súas siglas en inglés), que se prolongará ata o outono de 2024 con distintas actividades que buscan promover traballos poéticos contemporáneos, experimentais e innovadores para crear experiencias inmersivas en planetarios europeos.

O proxecto UTM está financiado polo programa «Europa Creativa», da Unión Europea.

PROGRAMA

Xoves 14 de marzo

18:00 h a 19:00 h

  • Benvida e presentación. Bibiana García Visos, técnico dos Museos Científicos Coruñeses, e Philip Meersman, coordinador do proxecto «Urban Travel Machines».
  • Introdución á interpretación poética e ao contexto inmersivo 360°. Yolanda Castaño, poeta e coordinadora do taller, e Marcos Pérez Maldonado, director técnico da Casa das Ciencias.

19:00 h a 19:30 h. Descanso.

19:30 h a 20:30 h

  • Experiencia poética dunha residencia creativa entre poetas e estudantes de artes visuais. Sesión moderada por Estíbaliz Espinosa, poeta.

Venres 15 de marzo.

18:00 h a 19:00 h

  • Aula de interpretación poética. Silvia Penas, poeta.

19:00 h a 19:30 h. Descanso.

19:30 h a 20:30 h

  • Aula de interpretación poética. María Lado, poeta.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión