Concello da Coruña

Concello da Coruña

TRC danza: Multiperspectivas#2

De Paula Quintas

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/04/2024

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

40 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

8,00 €  (Carné Xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.

É unha proposta orixinal e novidosa que parte daperspectiva do espectador como reflexión contemporánea. Combina improvisación teatral, danza e circo, deixando espazo para a interacción co público. Unha proposta que experimentacos límites das artes escénicas para enfrentarse coa realidade do espazo que nos rodea.

Multiperspectivas#2 en palabras de Afonso Becerra tras a presentación do work in progress en Cartografía en Movemento de Lugo: "Foi un peche heterodoxo para a primeira xornada. Opúblico formaba parte das posibilidades que, na interacción guiada por Coucheiro, podían xerarse con Paula e o seu belo e acrobático movemento, tanto no chan como nos cabos de aceiro do futurista e circense estaribel escénico. O circo e a danza conxugados coa improvisación. O dúo Quintas/Coucheiro posúe un grande potencial polo contraste entre os dous e polo humor que Coucheiro lle dá"

Interpretación: Paula Quintas, Arturo Cobas

Autoría: Paula Quintas

Dirección: Rut Balbís, Arturo Cobas

Coreografía: Rut Balbís, Paula Quintas

Venda de entradas 

Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h

Venda en liña

* Programación para persoas adultas. Idade recomendada a partir de 14 anos

* Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión