Concello da Coruña

Concello da Coruña

V Concurso Imaxina Coruña: Feira de ideas e entrega de premios

Celebrarase na Domus, o sábado 18 de abril, de 10:00 a 14:15 h.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

18/04/2026

Horario:

Celebrarase en horario de mañá, de 10:00 a 14:15 h

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Remuneración / Custo:

PREMIOS

3 Premios aos proxectos, nas categorías: Sustentabilidade, Innovación e Compromiso Social, consistentes na invitación para participar ou visitar a feira científica Zientzia Azoka, en Bilbao (incluíndo gastos de desprazamento e aloxamento para os equipos gañadores e os docentes, para un máximo 5 acodes/grupo, incluído o docente) ; e 3 premios aos seus centros, consistente nun cheque regalo por importe de 500,00 €, que deberá destinarse á adquisición de material científico e tecnolóxico para a aula participante no concurso.

Mención especial a un proxecto en función do carácter singular dalgún dos proxectos presentados, consistente nun cheque regalo para o centro educativo por importe de 300,00 €, que deberá destinarse para a adquisición de material científico e tecnolóxico para a aula participante no concurso.

Premio ao mellor vídeo dos proxectos, consistente nun estabilizador

Organiza:

Servizo Municipal de Educación e Museos Cientificos da Coruña

Feira de Ideas e entrega de premios do "V Concurso Imaxina Coruña".

  • Aos 19 proxectos finalistas facilitaráselles un espazo (posto) rotulado co nome do centro ao que representan, así como co título do proxecto.
  • Neste espazo, o alumnado presentará ao público os seus proxectos, podéndoos acompañar de vídeos expositivos, materiais publicitarios, audiovisuais, teatrais ou calquera outra ferramenta ou medio que se estime oportuno co fin de conseguir un maior atractivo e atención sobre a súa proposta.
  • Un xurado júnior composto por un mínimo de 3 mozos/os con experiencia en actividades científicas (membros do club da ciencia, participantes en feiras científicas, premiados en proxectos de ciencias ou tecnoloxía, STEMBac...), asesorados por persoal dos Museos Científicos, visitarán os espazos de exposición para valoralos.
  • O xurado está constituído polas seguintes persoas:Sara Fernández Gayoso, directiva da Asociación Xuvenil XenTd100cia e estudante de Matemáticas. Iria Añón Esmorís, directiva da Asociación Xuvenil XenTd100cia e estudante de Bioloxía. Pelayo Villar López, Co-director da Open Science Cambre 2025 e estudante de profesorado de Educación Primaria.
  • Unha vez visitados os espazos, o xurado retirarase a deliberar para comunicar o veredicto dos proxectos premiados. Para a devandita valoración o xurado deberá ter en conta: la autenticidade das investigacións, a presentación da caseta, a orixinalidad, o rigor científico e tecnolóxico, o sentido crítico, a viabilidade do proxecto, o grao de sostentabilidad, o nivel de innovación, a capacidade para mellorar a vida das persoas e aspectos que demostren a curiosidade e constancia.
  • O xurado levantará acta do desenvolvemento e conclusións do fallo, para o que actuará de secretaria unha técnica do SME.
  • A decisión do xurado será inapelable. Poderá declarar deserto algún dos premios se así o considera.

Programa

Domus, sábado 18 de abril de 2026

10:00 a 13:00 h Concurso Imaxina Coruña: exposición de proxectos por parte do alumnado participante.

10:00 a 12:30 h O xurado visitará os proxectos para a súa valoración.

13:00 h Espectáculo científico "Ciencieando" a cargo de David Ballesteros. (a forolimitado).

13:45 h Entrega de premios. (aforamento limitado).

14:15 h. Fin da feira

Máis información na páxina do programa: V Concurso Imaxina Coruña 2025-26

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión