A Domus acollerá dúas charlas sobre contaminación lumínica, organizadas pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío
Para público en xeral
30/11/2024
Xa rematou
18.00 horas: conferencia de Juan Antonio Madrid
19.00 horas: conferencia de Eva Villaver
A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Agrupación Astronómica Coruñesa Ío
Co apoio do Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses
O sábado 30 de novembro terá lugar na sala Leonardo da Vinci da Domus unha dobre sesión do «V Encontro da noite», xornada divulgativa sobre contaminación lumínica, preservación da escuridade natural nocturna e posta en valor do patrimonio ambiental e cultural da noite.
A xornada comezará ás 18.00 horas coa intervención do cronobiólogo Juan Antonio Madrid. Na súa charla, titulada «Ritmos biolóxicos nun mundo sen noite», explicará o papel da luz e a escuridade, do día e a noite, en suma, na fisioloxía e a saúde humana.
A continuación, ás 19.00 horas, a astrofísica Eva Villaver ofrecerá a charla titulada «Escrito nas estrelas», na que explorará a nosa fascinación polo ceo nocturno e o coñecemento que podemos obter da súa observación.
Juan Antonio Madrid é profesor honorario da Universidade de Murcia, investigador do Laboratorio de Cronobioloxía (Cronolab) da Universidade de Murcia e director científico da spin off Kronohealth SL. É académico de número da Academia de Ciencias da Rexión de Murcia e autor do libro Cronobiología, editado por Plataforma Editorial.
Eva Villaver é astrofísica, investigadora no campo da evolución dos sistemas planetarios e o final da vida das estrelas. Foi directora da Oficina Espacio y Sociedad da Axencia Espacial Española ata setembro de 2024, cando foi nomeada subdirectora do Instituto Astrofísico de Canarias. Ademais escribiu o libro Las mil caras de la Luna, editado por Harper Collins.
Na sesión presentarase tamén un novo moníptico sobre contaminación lumínica editado pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.
20 de maio de 2025
Foron cedidos como parte dun programa de conservación e cría en catividade desta especie de tiburón no que colabora o Aquarium Finisterrae
1 de maio de 2025
Terá lugar no parque de Santa Margarida da Coruña das 11.00 ás 19.00 horas
16 de abril de 2025
O prazo de presentación de traballos finaliza o 2 de xuño nas oito modalidades do certame
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible