Con motivo desta feira científica a entrada ao Aquarium Finisterrae será gratuíta, con reserva de entradas a partir do mércores 4 de febreiro.
Para público en xeral
07/02/2026
Xa rematou
Os talleres celebraranse en horario de 11 a 14 e de 16 a 18.30 horas.
O Aquarium Finisterrae estará aberto de 11 a 19 horas, con último acceso ás 18 horas.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
Entrada gratuíta. É necesario realizar unha reserva de entradas, que poderá realizarse a partir das 9 horas do mércores 4 de febreiro nesta dirección: https://ticketing.coruna.gal/mc2/aq/
UDCiencia d+i e Museos Científicos Coruñeses
A «Feira de Ciencia Isabel Zendal» despregará nas salas do Aquarium Finisterrae talleres divulgativos sobre o mundo mariño e as expedicións marítimas, atendidos por profesorado e alumnado da Universidade da Coruña, ofrecendo ao público unha oportunidade para descubrir e aprender ciencia participando nunha diversidade de experimentos, xogos e actividades.
Para visitar este día o Aquarium Finisterrae, que celebra xornada de portas abertas con entrada gratuíta, e participar nos talleres, é necesario realizar unha reserva de entradas, que poderá realizarse a partir das 9 horas do mércores 4 de febreiro nesta dirección: https://ticketing.coruna.gal/mc2/aq/
Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva, acompañadas doutra persoa se o necesitan.
Estes serán os talleres que se realizarán:
• Isabel Zendal e os 21 expósitos. Unha viaxe ao redor do mundo cunha enfermeira e 21 nenos expósitos grazas aos cales a Terra foi declarada zona cero de vexigas pola Organización Mundial da Saúde.
• Moluscopedia. Estudo dos moluscos mediante actividades prácticas baseadas na observación directa e a manipulación de exemplares.
• Ponte as pilas. Exploración do pequeno mundo escondido dentro dunha batería e como viaxa a enerxía para dar vida aos nosos distintos dispositivos.
• Linfocitos e sistema inmune. Que é e como funciona o sistema inmune, e o papel que desempeñan os linfocitos.
• As vacinas salvan vidas. Xogos e paneis interactivos para explicar que son e como funcionan as vacinas.
• A horta do capitán Nemo. Tipos de algas que habitan nas nosas costas, as súas características biolóxicas, e a súa aplicación en biotecnoloxía.
• O código secreto da vida. Experimentos de extracción de ADN e diferentes xogos para explicar cal é a función desta molécula e como xera a gran diversidade que existe nos seres vivos.
• Diversidade en focas. A través de xogos e actividades sinxelas explicarase a diversidade xenética que existe entre elas xerada por diferentes forzas evolutivas.
• Os superpoderes do polbo. Mediante varios xogos explicarase como a xenética e a evolución deron lugar ás increibles habilidades deste grupo de animais.
• Xenética baixo o mar. Xogos para comprender conceptos xenéticos básicos e imprescindibles como genotipo, fenotipo, cromosomas, variabilidade xenética...
A Feira está organizada por UDCiencia d+i, un grupo de divulgación científica e innovación docente da Universidade da Coruña, en colaboración co Aquarium Finisterrae.

15 de maio de 2026
Está instalada na explanada exterior de acceso ao museo

30 de abril de 2026
Será o 9 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez, de 11 a 19 horas

28 de abril de 2026
Trátase de Jinzi, unha foca macho procedente do Oceanogràfic de Valencia
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible