Actividade enmarcada dentro do Ciclo temático "Regreso ao pasado: historia ignota"
Dirixido a todos os públicos.
Para público en xeral
16/03/2026
Dende o 09/03/2026 ata o 16/03/2026
Inscrición previa.
De 16.00 h. a 17.30 h.
1,5 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
A Biblioteca Fórum Metropolitano organiza unha visita guiada ao Castro de Elviña, un dos enclaves arqueolóxicos máis emblemáticos da Coruña e un referente para comprender a cultura castrexa en Galicia. Acompañados por persoal especializado, percorreremos as súas estruturas defensivas, vivendas e espazos comunitarios, descubrindo como era a vida neste asentamento durante a Idade de Ferro e a época romana. A actividade forma parte do ciclo "Regreso ao pasado: historia ignota" e está pensada para todos os públicos interesados en coñecer o noso pasado de forma próxima e didáctica. Esperámoste para gozar dunha viaxe fascinante ás orixes da cidade.
Actividade con inscrición previa.
Tamén che pode interesar

30 de xaneiro de 2026
Unha colección de fotografías de Fernando Moleres sobre o impacto da actividade humana no medio ambiente

12 de xaneiro de 2026
MiniDomus é un espazo pensado para aprender facendo, onde cada actividade convida a experimentar, compartir e descubrir o mundo con asombro.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible