A gala de entrega de premios celebrarase o venres 12 de xuño, ás 17.30 horas, no Fórum Metropolitano.
Para público en xeral
12/06/2026
A partir das 17.30 horas.
O programa educativo municipal XXXV Mostra de Teatro Escolar 2025-26 pecha a súa XXXV edición coa celebración da gala final de entrega de premios, que terá lugar o venres 12 de xuño, ás 17.30 horas, no Fórum Metropolitano.
Na gala, que estará presentada por, Mariña Pena Blanco, os grupos gañadores representarán as súas obras e recibirán os premios correspondentes (un cheque por valor de 100 € para cada un dos grupos gañadores), que serán entregados polo concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego Vázquez. Tamén se entregarán as mencións especiais do xurado.
Todas as obras teatrais serán valoradas (pola súa orixinalidade ou adaptación do texto, a escenografía, o vestiario, a calidade, corrección e fluidez lingüística, a dramatización e a coordinación do grupo) por un xurado composto por:
Programa "Mostra de Teatro Escolar"
O programa educativo "Mostra de Teatro Escolar" está concibido como un intercambio de representacións entre os grupos de teatro escolar do Concello da Coruña. Cada grupo crea (ou selecciona) e ensaia unha obra de teatro, para representala noutro centro educativo, e recibe o grupo de teatro do dito centro.
Nesta XXXV edición do programa, realizáronse un total de 14 representacións noutro centro de intercambio (e outras tantas no propio centro), entre o 13 de abril e o 14 de maio de 2026, en 12 centros educativos da cidade. En total, participaron 14 grupos, con 278 alumnos/as de educación infantil, educación primaria, ESO e bacharelato, así como 32 profesores/as, monitores/as e acompañantes.

15 de maio de 2026
Está instalada na explanada exterior de acceso ao museo

30 de abril de 2026
Será o 9 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez, de 11 a 19 horas

28 de abril de 2026
Trátase de Jinzi, unha foca macho procedente do Oceanogràfic de Valencia
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible