«maker@domus» é o espazo da Domus para experimentar a cultura “maker” e facer tecnoloxía por ti mesmo. Unha oportunidade única para comezar a “pensar coas mans”. Este curso escolar ofrecemos dous talleres para grupos escolares de diferentes idades, de 10 a 14 anos.
Para público en xeral
1. circuitos@domus
Martes, de 11:00 a 12:30 h. Experimenta con baterías, lámpadas, timbres, interruptores, e moitos outros compoñentes eléctricos, para comezar a comprender o mundo da electricidade. Crea conexións eléctricas entre obxectos cotiáns e descubre outras moi sorprendentes.
Alumnado de primaria (5º e 6º) e ESO (1º e 2º)
2. robots_garabateadores@domus
Martes, de 11:00 a 12:30 h. Inventa o teu propio dispositivo de motor que se move das formas máis inesperadas e debuxa garabatos incribles. Constrúeo con elementos moi sinxelos e un motor que, ao vibrar, fai que o robot se mova pintando curiosos trazos.
Alumnado de primaria (5º e 6º) e ESO (1º e 2º)
Outros talleres
Dispoñemos de máis talleres arredor da construción de autómatas, circuítos téxtiles, robótica ou microprocesadores. Para saber máis, podes contactarnos en domus@casaciencias.org ou no 981 189 840.
Estes talleres están inspirados nos materiais do TinkeringStudio do Exploratorium e en materiais desenvolvidos pola asociación BricoLabs.
maker@domus, ademais de acoller os traballos de Bricolabs, é o escenario da Feira de Tecnoloxía OSHWDem.

4 de febreiro de 2026
Nova exposición fotográfica no Corredor López Seoane do Aquarium Finisterrae

30 de xaneiro de 2026
Unha colección de fotografías de Fernando Moleres sobre o impacto da actividade humana no medio ambiente

12 de xaneiro de 2026
MiniDomus é un espazo pensado para aprender facendo, onde cada actividade convida a experimentar, compartir e descubrir o mundo con asombro.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible